Guía completa para a publicación de applets de Geogebra

Miércoles 27 de febrero de 2019, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Guía completa para a publicación de applets de Geogebra [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, febrero de 2019 [versión de noviembre de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article382

Quero compartir o sistema que utilizo para publicar applets de Geogebra na web. Esta deseñado para minimizar a carga de traballo do navegador, cando na páxina hai múltiples applets, e para poder acceder aos mesmos dende javascript, co fin de interrelacionalos e controlalos a través do código da páxina. Este sistema é o que utilicei en artigos como Manipular Geogebra con Javascript ou O paradoxo de Leonardo e vou tratar de explicalo para que resulte doado copiar, pegar ou modificar os elementos necesarios para utilizalo.

Para as prácticas do obradoiro sobre modelos dinámicos para o ensino da Xeometría Descritiva descarga a seguinte carpeta comprimida con todos os materiais que utilizaremos.

Material para as prácticas do obradoiro de Xeometria Dinámica

Para ver como funcionan os exemplos deste artigo, podes descargar a seguinte carpeta comprimida con todos os materiais ou acceder aos mesmos a través de GitHub -https://github.com/horaciogd/geogebra-.

Publicación de applets de Geogebra
Antes de comezar a explicar os exemplos de publicación de applets de Geogebra é necesario tomar en consideración algúns aspectos das directivas de seguridade dos navegadores. Moitas veces cando preparamos un proxecto baseado en HTML queremos probalo localmente no noso ordenador antes de subilo á web vía FTP. O problema é que, na actualidade, algúns navegadores limitan a carga de elementos como imaxes, fragmentos de código ou calquera outra clase de arquivos, cando non están aloxados no mesmo servidor que a páxina HTML, que estamos vendo. Lamentablemente isto inclúe os arquivos locais gardados no noso ordenador, aínda incluso cando a páxina, que estamos vendo, está gardada no mesmo ordenador.

Para definir unhas directivas de seguridade concretas nas nosas páxinas web e poder cargar elementos aloxados en servidores diferentes ao noso, podemos facer uso dunha etiqueta meta na cabeceira da páxina web como a que segue. En concreo, a etiqueta deste exemplo permite a carga de imaxes img-src procedentes de calquera servidor * , embebidas como datos no código HTML da páxina data: e, tamén procedentes do mesmo servidor que a páxina web ’self’ .

<!-- Content-Security-Policy -->
<meta http-equiv="Content-Security-Policy" content="img-src * data: 'self';">

Podedes atopar unha boa documentación en inglés sobre Content Security Policy aquí -https://content-security-policy.com/- ou utilizar un xerador automático das regras que require a túa páxina a través dun formulario como este -https://report-uri.com/home/generate-.

Con todo, no hai ningunha regra que faga referencia á carga de arquivos locais do ordenador e que funcione correctamente en todos os navegadores. Fixen multitude de probas e ao final cheguei a conclusión de que, polo de agora, o mais práctico e non usar Content Security Policy e facer as probas locais con Firefox, que permite a carga de arquivos locais por defecto. En calquera caso, unha vez subidos á web, todos os exemplos deste artigo funcionan correctamente tanto en Chrome, como en Firefox e Safari.

Applet simple

1. Librerías

As librerías externas de javascript poden resultar algo opacas para as persoas inexpertas xa que, á vez que facilitan determinados procesos, os ocultan e fan menos accesibles. Traballando con librerías externas corremos perigo de encher unha web de código que descoñecemos, que sobrecarga as nosas páxinas e do que non sacamos proveito ningún. Con todo, para embeber os nosos applets, é imprescindible utilizar a librería que utiliza o propio GeoGebra para embeber os applets en GeoGebraTube. Esta librería chámase deployggb.js e pódese descargar da páxina de GeoGebra ou neste mesmo artigo, tamén podedes chamala directamente dende as vosas páxinas web á páxina de GeoGebra.

Nas páxinas webs que queiramos embeber os nosos applets incluiremos este código para chamar á librería deployggb.js. Normalmente o faremos dentro da cabeceira, pero podemos poñelo en calquera parte da páxina antes do primeiro applet e bastará poñelo unha soa vez en toda a páxina.

<!-- deploy ggb -->
<script type="text/javascript" src="deployggb.js"></script>

Neste exemplo imos utilizar unha segunda librería chamada jQuery. Esta librería podería ser prescindible, xa que é factible escribir todo o código unicamente con javascript, pero trátase dunha librería perfectamente consolidada no ámbito do desenvolvemento web que vai facilitar moito o traballo e que utilizo en todos os proxectos web que fago.

<!-- jQuery -->
<script type="text/javascript" src="jquery-3.3.1.min.js"></script>

2. Estilos gráficos

Para facer o efecto de rollover ao pasar o rato pola imaxe do applet que se amosa mentres non está cargado, utilizaremos unha serie de estilos gráficos definidos mediante css. Os estilos poden engadirse nun documento aparte e enlazarse ou poñerse dentro da cabeceira. O único cambio que debes facer é modificar a id do elemento html que conterá cada applet para asignarlle unha id única a cada un deles. A primeira parte dos estilos gráficos é única e igual para todos os applets que haxa na túa páxina, pero a segunda é específica para cada applet polo que debes duplicala e corrixir o identificador para cada applet que engadas.

<!-- Estilos gráficos para os elementos dos applets →
<style>

        .geogebra { text-align: center; position: relative; }
        .geogebra .loader { display: none; }
        .geogebra:hover .loader {
                cursor: pointer;
                display: block;
                background-color: rgba(0, 0, 0, 0.2);
                background-image: url('geogebra-logo-name-600.png');
                background-size: 300px 45px;
                background-repeat: no-repeat;
                background-position: center;
                position: absolute;
                top: 0;
                bottom: 0;
                left: 0;
                right: 0;
                color: #fff;
        }

        /* É necesario utilizar un identificador único para cada applet substitúe '_id'
        polo identificador concreto da túa construción. Tamén  podes aproveitar para
        asignar o aspecto que desexes (cor, tamaño, bordes, etc.) a cada applet */
       
        #applet_container_id, #applet_container_id img.previous {
                width:850px;
                height:600px;
        }
        #applet_container_id span {
                display: inline-block;
                margin-top: 45px;
                line-height:600px;
        }

</style>
Onde pon ’applet_container_id’, escribe ’applet_container_identificador’.

* No exemplo que podes descargar, como o arquivo de GeoGebra chámase ’pentagono.ggb’ utilizouse como identificador ’pentagono’ e no código verás que pon ’applet_container_pentagono’ en lugar de ’applet_container_id’.

Onde pon ’width:850px; height:600px;’ e ’line-height:600px;’, modifica os valores para adaptalos ao tamaño da túa construción.

* No exemplo que podes descargar, como a xanela da costrucción en Geogebra é de 342 x 371 no código verás ’width:342px; height:371px;’ e ’line-height:371px;’ en lugar de ’width:850px; height:600px;’ e ’line-height:600px;’.

* Para averiguar o tamaño exacto do teu applet e campturar unha imaxe do mesmo exactamente igual á que se verá despois de cargalo podes subilo a medias a GeoGebraTube sen chegar a gardalo.

3. Código javascrip

O código javascript que necesitaremos é moi sinxelo, simplemente almacena o applet nunha variable e o embebe nunha etiqueta da páxina web cando pulsamos co rato sobre a mesma. Este script será necesario utilizalo tantas veces como applets poñamos na nosa páxina e haberá que modificar tanto o identificador do applet como os valores do seu tamaño. Modifica o código en función do nome do arquivo de Geogebra ou do seu identificador en GeoGebraTube e inclúeo xusto antes da etiqueta html na que desexes embeber o applet.

<!-- O seguinte código crea e carga o Applet -->
<script type="text/javascript">

        // Creamos unha variable para almacenar o Applet de GeoGebra
        var applet_id = new GGBApplet({id:"applet_id", width:371, height:342, filename:"id.ggb"}, true);
                       
        // Cando estea cargada a páxina,
        $(document).ready(function(){
                       
                // ao pulsar na etiqueta 'loader',
                $("#applet_container_id .loader").click(function(){
                                       
                        // valeira a etiqueta 'applet_container_id'
                        $("#applet_container_id").empty();
                                       
                        // e embebe o applet
                        applet_id.inject('applet_container_id', 'preferHTML5');
                                       
                });
        });
                       
</script>
Onde pon ’applet_id’, ’id.ggb’ e ’applet_container_id’, escribe ’applet_identificador’, ’identificador.ggb’ e ’applet_container_identificador’.

* No exemplo que podes descargar, como o arquivo de GeoGebra chámase ’pentagono.ggb’, polo que utilízase o identificador ’pentagono’ e no código verás que pon ’applet_pentagono’, ’pentagono.ggb’ e ’applet_container_pentagono’.

4. Etiquetas html

Podemos embeber o applet en case calquera etiqueta html, o fundamental é que teña unha id para poder baleirala e inxectar o applet. No exemplo que podes descargar, utilizouse unha etiqueta div e o truco consiste en poñer unha imaxe do applet dentro da etiqueta e un texto que fai as veces de botón rollover, de xeito que ata que pulsamos, o único que carga o navegador e unha imaxe do applet. Igual que co código de javascript, será necesario incluír as etiquetas html tantas veces como applets poñamos na nosa páxina e haberá que modificar identificador para cada applet.

<!-- Esta etiqueta vai conter o applet aínda que ao proncipio só ten unha imaxe do mesmo e un botón para cargalo -->
<div class="applet geogebra" id="applet_container_id">
        <img class="previous" src="id.png" alt="">
        <div class="loader">
                <span>Pulsa para cargar a construcción en Geogebra</span>
        </div>
</div>
Onde pon ’applet_container_id’ e ’id.png’ escribe ’applet_container_identificador’ e ’identificador.png’.

* No exemplo que podes descargar, como o arquivo de GeoGebra chámase ’pentagono.ggb’, polo que utilízase o identificador ’pentagono’ e no código verás que pon ’applet_container_pentagono’ e ’pentagono.png’ en lugar de ’applet_container_id’ e ’identificador.png’.

Applets sincronizados

1. Librerías

Para este segundo exemplo de publicación de applets sincronizados, utilizáronse as mesmas librerías de javascript que no primeiro exemplo.

<!-- deploy ggb -->
<script type="text/javascript" src="deployggb.js"></script>

<!-- jQuery -->
<script type="text/javascript" src="jquery-3.3.1.min.js"></script>

2. Estilos gráficos

Os estilos gráficos tamén son case idénticos aos do primeiro exemplo, cunha única excepción, ao haber dous applets a segunda parte dos estilos está duplicada con dous identificadores diferentes.

<!-- Estilos gráficos para os elementos dos applets →
<style>

        .geogebra { text-align: center; position: relative; }
        .geogebra .loader { display: none; }
        .geogebra:hover .loader {
                cursor: pointer;
                display: block;
                background-color: rgba(0, 0, 0, 0.2);
                background-image: url('geogebra-logo-name-600.png');
                background-size: 300px 45px;
                background-repeat: no-repeat;
                background-position: center;
                position: absolute;
                top: 0;
                bottom: 0;
                left: 0;
                right: 0;
                color: #fff;
        }

        /* É necesario utilizar un identificador único para cada Applet substitúe
        '_pentagono' e '_lenzo' polos identificadores concretos das túas construcións.
        Tamén podes aproveitar para asignar o aspecto que desexes (cor, tamaño,
        bordes, etc.) a cada applet. */

        #applet_container_pentagono, #applet_container_pentagono img.previous {
                width:371px;
                height:342px;
        }
        #applet_container_pentagono span {
                display: inline-block;
                margin-top: 45px;
                line-height:342px;
        }
        #applet_container_lenzo, #applet_container_lenzo img.previous {
                width:371px;
                height:342px;
        }
        #applet_container_lenzo span {
                display: inline-block;
                margin-top: 45px;
                line-height:342px;
        }

</style>

3. Código javascript

É no código javascript onde atoaremos as diferencias entre o primeiro e o segundo exemplo. Neste caso utilízase unha función, chamada inicia_applets(), para iniciar simultaneamente os dous applets. Esta función, ademais de baleirar o contido das etiquetas html e inxectar os applets, vincula o pulsado do botón do rato sobre o primeiro dos applets a unha segunda función, chamada sincroniza_lenzo().

Despois de pulsar o botón do rato no primeiro dos applets sincroniza_lenzo() se executará a intervalos regulares de tempo de 20 milisegundos, recollerá datos do primeiro applet e llos enviará ao segundo. Ao soltar o botón do rato no primeiro dos applets sincroniza_lenzo() deixara de executarse a intervalos regulares de tempo.

<!-- O seguinte código crea e carga o applet -->
<script type="text/javascript">

        // Creamos unha variable para almacenar cada applet de GeoGebra
        var applet_pentagono = new GGBApplet({id:"applet_pentagono", width:371, height:342, filename:"pentagono-debuxar.ggb"}, true);
        var applet_lenzo = new GGBApplet({id:"applet_lenzo", width:371, height:342, filename:"lenzo.ggb", enableShiftDragZoom: false }, true);
                       
        // Variable para almacenar o obxecto interval
        var accion_lenzo;

        // Cando estea cargada a páxina,
        $(document).ready(function(){
                       
                // ao pulsar as etiquetas 'loader',
                $("#applet_container_pentagono .loader").click(function(){
                        inicia_applets();
                });
                $("#applet_container_lenzo .loader").click(function(){
                        inicia_applets();       
                });
                               
        });
                       
        // Función para iniciar os applets
        function inicia_applets() {
                       
                // valeirampos as etiqueta 'applet_container'
                $("#applet_container_pentagono").empty();
                $("#applet_container_lenzo").empty();
                               
                // e embebemos os applets
                applet_pentagono.inject('applet_container_pentagono', 'preferHTML5');
                applet_lenzo.inject('applet_container_lenzo', 'preferHTML5');
                               
                // cando pulsemos o botón do rato no aplet do pentagono iniciamos a sincronización
                $("#applet_container_pentagono").mousedown(function() {
                        accion_lenzo = setInterval(function (){
                                sincroniza_lenzo();
                        }, 20);
                });
                               
                // cando soltemos o botón do rato  no aplet do pentagono interrompemos a sincronización
                $("#applet_container_pentagono").mouseup(function() {
                        clearInterval(accion_lenzo);
                });
       
        }
                       
        // Función para recoller os datos de applet_pentagono e envialos a applet_lenzo
        function sincroniza_lenzo() {
                       
                // recollemos a posición do punto "F" do applet pentagono en dúas variables
                var x = applet_pentagono.getXcoord("F");
                var y = applet_pentagono.getYcoord("F");
                               
                // cambiamos as coordenadas do punto "A" do applet lenzo
                applet_lenzo.setCoords("A", x, y);
                               
        }

</script>

A clave para recoller datos dun applet de GeoGebra é que, ao utilizar este sistema para embebelos, quedan asociados a unha variable global de javascript.

var applet_pentagono = new GGBApplet({id:"applet_pentagono", width:371, height:342, filename:"pentagono-debuxar.ggb"}, true);

Deste xeito basta chamar a dita variable e utilizar un dos métodos da lista que aparece na seguinte ligazón, para recoller calquera valor ou coordenada dos obxectos da nosa construción.
https://wiki.geogebra.org/es/Referencia:JavaScript#Sobre_Estado_de_Objetos

var x = applet_pentagono.getXcoord("F");
var y = applet_pentagono.getYcoord("F");

Se o que queremos é enviar datos a outro applet, como o segundo applet tamén está asociados a unha variable global de javascript, podemos acceder igualmente ao mesmo.

var applet_lenzo = new GGBApplet({id:"applet_lenzo", width:371, height:342, filename:"lenzo.ggb", enableShiftDragZoom: false }, true);

Basta chamar a dita variable e utilizar un dos métodos da lista que aparece na seguinte ligazón, para enviar calquera valor ou coordenada aos obxectos da nosa construción.
https://wiki.geogebra.org/es/Referencia:JavaScript#Fijando_Estado_de_Objeto

applet_lenzo.setCoords("A", x, y);

4. Etiquetas html

Finalmente as etiquetas html serán tamén case idénticas ás do primeiro exemplo. Coa excepción de que igual que os estilos estarán duplicadas con dous identificadores diferentes.

<!-- Esta etiqueta vai conter o primeiro applet aínda que ao proncipio só ten unha imaxe do mesmo e un botón para cargalo -->
<div class="applet geogebra" id="applet_container_pentagono">
        <img class="previous" src="pentagono-deduxar.png" alt="">
        <div class="loader">
                <span>Pulsa para cargar a construcción en Geogebra</span>
        </div>
</div>
               
<!-- Esta etiqueta vai conter o segundo applet aínda que ao proncipio só ten unha imaxe do mesmo e un botón para cargalo -->
<div class="applet geogebra" id="applet_container_lenzo">
        <img class="previous" src="lenzo.png" alt="">
        <div class="loader">
                <span>Pulsa para cargar a construcción en Geogebra</span>
        </div>
</div>

Applets en GeoGebraTube

Utilizando o sistema descrito podemos publicar e sincronizar indistintamente applets gardados en arquivos locais e applets subidos a GeoGebraTube. Cando utilicemos arquivos locais utilizaremos o parámetro ’filename’ e o nome do arquivo como identificador ao crear o obxecto GGBApplet e cando utilicemos arquivos de GeoGebraTube utilizaremos o parámetro ’material_id’ e o identificador do recurso na páxina web de Geogebra.

var applet_pentagono = new GGBApplet({id:"applet_pentagono", width:371, height:342, filename:"pentagono-debuxar.ggb"}, true);

var applet_wngm8rkc = new GGBApplet({id:"applet_wngm8rkc", width:841, height:552, material_id:"wngm8rkc"}, true);               
Utiliza material_id:"xxxxxxxx" para os apples cando estean subidos en GeoGebraTube.

Utiliza filename:"xxxxxxxx.ggb" para os apples cando estean no teu servidor.

Para mais seguridade, sempre que usemos recursos de GeoGebraTube debemos utilizar a versión da librería deployggb.js da propia páxina web de GeoGebra.

<!-- deploy ggb -->
<script type="text/javascript" src="deployggb.js"></script>

<!-- deploy ggb -->
<script type="text/javascript" src="https://cdn.geogebra.org/apps/deployggb.js"></script>
Utiliza https://cdn.geogebra.org/apps/deployggb.js cando os applets estean subidos en GeoGebraTube.

Utiliza deployggb.js cando os applets estean no teu servidor.

Se non podes subir librerías a túa páxina web, tamén podes cargar jQuery dende o seu servidor usando https://code.jquery.com/jquery-3.3.1.min.js .
PNG - 568 KB

Usar os datos do acelerómetro para manipular GeoGebra

1. Librerías

Igual que en todos os exemplos anteriores, para esta última proposta é necesario utilizar as librerías deployggb.js e jQuery.

<!-- deploy ggb -->
<script type="text/javascript" src="deployggb.js"></script>
               
<!-- jQuery -->
<script type="text/javascript" src="jquery-3.3.1.min.js"></script>

2. Estilos gráficos

Os estilos gráficos tamén son case idénticos aos do primeiro exemplo. A única diferencia é que nesta ocasión utilizouse a palabra acelerometro como identificador do applet e o seu tamaño será de 850px por 472px.

<!-- Estilos gráficos para os elementos dos applets -->
<style>
               
       .geogebra { text-align: center; position: relative; }
       .geogebra .loader { display: none; }
       .geogebra:hover .loader {
               cursor: pointer;
               display: block;
               background-color: rgba(0, 0, 0, 0.2);
               background-image: url('geogebra-logo-name-600.png');
               background-size: 300px 45px;
               background-repeat: no-repeat;
               background-position: center;
               position: absolute;
               top: 0;
               bottom: 0;
               left: 0;
               right: 0;
               color: #fff;
       }
              
       /* É necesario utilizar un identificador único para cada Applet substitúe
       '_acelerometro' polo identificador concreto da túa construción.
       Tamén podes aproveitar para asignar o aspecto que desexes (cor, tamaño,
       bordes, etc.) a cada applet. */
              
       #applet_container_acelerometro, #applet_container_acelerometro img.previous {
               width:850px;
               height:472px;
       }
       #applet_container_acelerometro span {
                display: inline-block;
               margin-top: 45px;
               line-height:472px;
       }
              
</style>

3. Código javascript

Igual que nos exemplos anteriores, no código javascript é onde atoaremos as claves do funcionamento desta proposta. En primeiro lugar usáronse tres parámetros novos á hora de crear o applet; Un para comezar a enviar os datos do acelerómetro só cando o applet estea completamente cargado, outro para adaptar o tamaño da construción feita por Xabier Lorenzo ao ancho da miña web, e outro para amosar un pequeno botón que permite ver o applet a pantalla completa. Este botón resultará moi práctico para axustar o tamaño do applet á pantalla do dispositivo móbil cando carguemos o exemplo nun teléfono ou nunha tablet e poder velo o mais grande posible.

Por outra banda, creáronse dúas variables globais para almacenar os valores dos ángulos de xiro da animación e unha función chamada handleOrientation que recolle os valores beta, gamma e alpha do acelerómetro, para enviarllos aos esvaradores a e b da construción de GeoGebra. Ao cargar o applet despois de pulsar co rato na imaxe, deployggb.js fai que se execute a función definida a través do parámetro appletOnLoad. Nese intre, dita función liga handleOrientation ao evento deviceorientation, de xeito que cada vez que cambie a orientación do dispositivo se executara a función handleOrientation, que recollerá os novos valores de inclinación do dispositivo para enviaralos a GeoGebra.

<!-- O seguinte código crea e carga o Applet -->
<script type="text/javascript">

        // Creamos unha variable para almacenar o Applet de GeoGebra
        var applet_acelerometro = new GGBApplet({
                id:"applet_acelerometro",
                scale: 0.7019,
                showFullscreenButton: true,
                material_id:"pgkfyrqh",
                appletOnLoad: function() {
                        // Comeza a enviar datos do acelerómetro a GeoGebra
                        window.addEventListener("deviceorientation", handleOrientation, true);  
                }
        }, true);
                       
        // Creamos dúas variables para almacenar os águlos de xiro
        var angulo = 0;
        var angulo2 = 0;
                       
        // Creamos unha función para recoller os datos do acelerómetro e envialos ao applet
        function handleOrientation(event) {
                var beta = Math.round(event.beta);
                var gamma = Math.round(event.gamma);
                var alpha = Math.round(event.alpha);
                angulo = -alpha* Math.PI / 180;
                angulo2 = (gamma* Math.PI / 180)-90;
                applet_acelerometro.setValue("a", angulo);
                applet_acelerometro.setValue("b", angulo2);
        }
              
        // Cando estea cargada a páxina,
        $(document).ready(function(){
              
                // Damos unha alerta no caso de que o navegador non poda usar Device Orientation
                if (!window.DeviceOrientationEvent) {
                        alert("O teu navegador non soporta Device Orientation");
                }
                               
                // ao pulsar na etiqueta 'loader',
                $("#applet_container_acelerometro .loader").click(function(){
               
                        // valeira a etiqueta 'applet_container_acelerometro'
                        $("#applet_container_acelerometro").empty();
                   
                        // e embebe o applet
                        applet_acelerometro.setHTML5CodebaseVersion('5.0');
                        applet_acelerometro.inject('applet_container_acelerometro', 'preferHTML5');
                                             
                });
                               
        });  
                  
        </script>
               
O parámetro scale modifica a escala do applet utilizando o coeficiente que indiquemos. Usaremos valores menores que 1 para reducir o tamaño do applet e maior que 1 para aumentalo.
scale: 0.7019,

O parámetro showFullscreenButton permite ocultar ou amosar o botón para ver en pantalla completa o applet.

showFullscreenButton: true,

O parámetro appletOnLoad permite executar unha función de javascript xusto despois de cargar o applet.

appletOnLoad: function() {

},

Podes consultar o listado completo de parámetros do obxecto GGBApplet aquí:
https://wiki.geogebra.org/en/Reference:GeoGebra_App_Parameters

Para utilizar os datos do acelerómetro basta ligar o evento deviceorientation do obxecto que contén a xanela do navegador, window, a unha función e recoller nela os valores alpha, beta e ganma a través do primeiro parámetro de dita función.
window.addEventListener("deviceorientation", actua, true);

function actua(parametro) {
        var beta = parametro.beta;
        var gamma = parametro.gamma;
        var alpha = parametro.alpha;
}

4. Etiquetas html

Finalmente as etiquetas html tamén serán as mesmas que as do primeiro exemplo, a única diferencia e que novamente utilizaremos palabra acelerometro como identificador.

<!-- Esta etiqueta vai conter o applet aínda que ao proncipio só ten unha imaxe do mesmo e un botón para cargalo -->
<div class="applet geogebra" id="applet_container_acelerometro">
        <img class="previous" src="acelerometro.png" alt="">
        <div class="loader">
                <span>Pulsa para cargar a construcción en Geogebra</span>
        </div>
</div>
PNG - 657.8 KB