PNG - 118.2 KB
P L É T O R A #1
xaneiro 2014
http://pletora.es

Dende finais do ano pasado colaboramos co proxecto editorial PLÉTORA encargándonos do desenvolvemento e o deseño do segundo número desta revista online, que foi presentado o 30 de xaneiro no MARCO de Vigo. En dous anos de vida este proxecto, que destaca por prestar especial atención ás producións de novos artistas, foi consolidándose paulatinamente como un de espazo de referencia para a reflexión critica sobre as artes visuais e as artes vivas na rede, tanto en Galicia, como no territorio nacional, e incorporando aos seus contidos artigos de intelectuais da talla de Fernando Castro Flórez, Peio Aguirre, o María PTQK.

O proxecto comezou a súa andadura en maio de 2012 a través dun comisariado no Furancho de Arte Contemporánea e da publicación do número #0 da revista, editado por María Marco e deseñado por Mauro Trastoy. Neste segundo número incorporáronse ao equipo Ania González como codirectora xunto a María Marco e Horacio González no deseño e o desenvolvemento web.

 mais

JPEG - 34 KB
Cara unha saída democrática da crise
setembro 2013

Nunha colaboración con Ania González de Culture Workers, organizamos un pequeno seminario e unha sesión de traballo interinstitucional, con motivo da presentación de “Hipótesis democracia”, o último traballo do sociólogo e doutor en Historia Enmanuel Rodríguez. Apoiados polo grupo de investigación “Arte e Estética Contemporánea” e a Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, a actividade tivo lugar entre os días 24 e 26 de setembro de 2013.

O seminario, titulado “Cara a unha saída democrática da crise”, contou, co propio Enmanuel Rodríguez e con Marisa Pérez, coordinadora da Fundación de los Comunes, como poñentes. Á súa vez, a sesión de traballo contou con representantes institucionais do sector cultural galego e de espazos, colectivos e iniciativas independentes como Alg-a, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Baleiro, a Casa Tomada, Cidade da Cultura de Galicia, o CGAC, Ergosfera, a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a Fundación Luís Seoane, Galiza Ano Cero, MAC Gas Natural Fenosa, a Normal, Proxecto Derriba, e Sinsal.

 mais

PNG - 99.6 KB
Rotoreliefs
novembro 2012

Rotoreliefs é unha aplicación para iPad que estamos desenvolvendo no contexto do proxecto europeo European Acoustic Heritahe e que presentamos na súa primeira versión, como instalación sonora, na exposición O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo do 30 de novembro de 2012 ao 18 de xaneiro de 2013.

A aplicación esta inspirada nos Rotoreliefs de Marcel Duchamp e nalgúns exercicios de escoita de Murray Schafer nos que propuña a elaboración de partituras visuais de paisaxes sonoras. Na versión que desenvolvemos para a escola, a aplicación invita a crear a túa propia paisaxe sonora engadindo pequenos clips sobre dous Rotoreliefs de Duchamp que soan simultaneamente e permiten facer unha composición sonora con dúas pistas ou capas.

 mais

PNG - 118.8 KB
Ulobit para peto
outubro 2012

Como parte da exposición O disco é NORMAL, do 24 de outubro ao 23 de novembro, presentamos Ulobit para peto na Normal Espazo de intervención cultural, unha peza creada, en maio deste ano, para PLÉTORA no Furancho de Arte Contemporánea.

A través dunha pianola de xoguete e dunha pantalla 7 polgadas, na que se proxectan imaxes transformadas polo son producido ao accionar a pianola, a instalación establece unha ponte entre a vangarda actual, os inicios do cinema e a música mecanizada. Ulobit para peto é unha peza inspirada nas antigas caixas de música que sintetiza o proceso de traballo en directo do grupo Ulobit, unha pequena caixa, unha obra sinxela, case mínima, que consegue evocar a memoria daqueles obxectos da nosa infancia a través da tecnoloxía.

 mais

Locative Audio
xuño 2012
http://www.locativeaudio.org/

Como parte do programa de colaboración entre noTours e Novars, o centro de investigación en composición electroacústica, performance e arte sonora da Universidade de Manchester, Escoitar participa por segunda vez en Locative Audio. Na edición deste ano presentouse un paseo sonoro xeolocalizado ao redor da rúa Oxford e o parque Whitworth con composicións de Ricardo Climent, Suk-Jun Kim, Brona Martin, Felipe Otondo, Nacho Pecino, Mark Pilkington e Enrique Tomás.

A particularidade do proxecto radica en que, no contexto de Locative Audio, desenvolveuse unha nova ferramenta de visualización que permite facer un seguimento en tempo real das persoas que experimentan un paseo sonoro con noTours.

 mais

0 | 5 | 10 | 15 | 20 | 25

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English