JPEG - 11.3 KB
NoTours
xaneiro 2009
http://www.notours.org/

NoTours é un proxecto de Escoitar.org, que permite pasear en calquera lugar, vivindo unha experiencia acústica aumentada. NoTours aproveita dispositivos móbiles baseados en código aberto como Android, xunto con tecnoloxía GPS, que proporciona datos de localización en tempo real, para crear narrativas sonoras superpostas á realidade e contidos de audio tridimensional.

NoTours é unha plataforma para crear paseos sonoros a través de diferentes territorios, para propor percorridos históricos e acústicos narrados polos seus protagonistas, para desenvolver instalacións sonoras e imaxinar novas propostas artísticas baseadas en son e lugar.

 

Biophionitos
xuño 2008
http://www.biophionitos.net/spanish.html

O obxectivo de Biophionitos é crear vida artificial utilizando zootropos.
Baseándonos nos principios da imaxe autoxenerativa, a idea do proxecto é desenvolver unha interfaz capaz de xenerar unha animación que cobrará vida nun fenaquistoscopio interactivo gracias a Arduino.

+ info

 

PNG - 60.5 KB
A perspectiva no abismo
novembro 2006

A perspectiva no abismo é un traballo de Horacio González Diéguez e Xabier Lorenzo Abalde presentado na terceira conferencia internacional de arte electrónico e dixital, Artech 2006, Conectando fronteras. O texto explora os límites da perspectiva cónica a través da xeometría dinámica, mediante a revisión e reconstrucción do gravado Direzioni della prospettiva de Galli Bibiena por medio dunha instalación interactiva construída utilizando o do programa Cabri Geometre II.

A través da experiencia os autores describen como as novas formas de concibir a perspectiva que promove a xeometría dinámica, dilúen as fronteiras tradicionais entre os distintos sistemas de representación e poñen de actualidade a concepción e formulación renacentista da perspectiva.

 mais

FishChatter

FishChatter
novembro 2006
http://www.vhplab.net/FishChatter/

FhishChatter é un proxecto que invita á reflexión entorno aos novos xeitos de comunicación a través de internet e a súa simboloxía. Partindo da idea do chat como medio de comunicación, FishChatter proponse parodiar os actuais modelos de comunicación e de relación social. Trátase dunha aproximación aos novos linguaxes textuais e a súa expresión a través de símbolos gráficos como os emoticonos.
FhishChatter é ademais, xunto con CommonBookmarks, un dos primeros proxectos que forman parte de Easy Install Lab, a plataforma que dende o ano 2004 desenvolve o equipo de VHPlab.

 

escoitar.org )))

escoitar.org )))
xaneiro 2006
http://www.escoitar.org/

Dende xaneiro do 2006 o noso equipo de VHPhack colabora co proxecto escoitar.org no desenvolvemento de software libre dedicado á publicación de paisaxes sonoras. Durante este período de tiempo desenvolvéronse tres plugins para Spip e un hack de Loudblog que facilitan ós usuarios a xeolocalización de artigos, comentarios ou arquivos sonoros.

 

0 | 5 | 10 | 15 | 20 | 25

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English