iMine

http://i-mine.org/

domingo 28 de novembro do 2010, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

iMine é un vídeo xogo artístico/experimental que actúa como un portal cara ás vidas humanas que hai detrás da pantalla que estás lendo agora mesmo!

No xogo converterasche nun traballador dunha escavación mineira de valiosos compoñentes minerais necesarios para a electrónica de hoxe en día: estaño, tungsteno ou tantalio. Imaxinas cal é a relación entre ditos minerais e o teléfono que tes nas túas mans? Algunha vez oíches falar dos minerais conflito? Como mineiro, en iMine terás que traballar duro para facer fronte a unha situación difícil, tratar de gañar un pouco de diñeiro e cavar de xeito que os soldados que administran a mina, non se enfaden!

Non é posible gañar en iMine, só podes sobrevivir o maior tempo posible. Esta é a escura realidade de centos de miles de mineiros que traballan en condicións difíciles, perigosas ou ata mortais, para conseguir algúns dos compoñentes minerais imprescindibles para a electrónica e a alta tecnoloxía actual en todo o mundo.


2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English