NoTours

http://www.notours.org/

martes 20 de xaneiro do 2009, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

NoTours é un proxecto de Escoitar.org, que permite pasear en calquera lugar, vivindo unha experiencia acústica aumentada. NoTours aproveita dispositivos móbiles baseados en código aberto como Android, xunto con tecnoloxía GPS, que proporciona datos de localización en tempo real, para crear narrativas sonoras superpostas á realidade e contidos de audio tridimensional.

NoTours é unha plataforma para crear paseos sonoros a través de diferentes territorios, para propor percorridos históricos e acústicos narrados polos seus protagonistas, para desenvolver instalacións sonoras e imaxinar novas propostas artísticas baseadas en son e lugar.


2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English