1. Contextualización
  2. Unidade didáctica
  3. Analise da experimentación
  4. Anexo 1
  5. Anexo 2
  6. Anexo 3
  7. Anexo 4
  8. Anexo 5 - Animacións en Cabri Geometre II

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE POLIEDROS REGULARES CON CABRI GEOMENTRE II

Titor: Paulo Porta (Xefe do Departamento de Debuxo do IES Arcebispo Xelmírez I)

CURSO DE ADAPTACIÓN PEDAGÓXICA. INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Curso Académico: 2003-2004

Autor: Horacio González Diéguez

Contextualización

Realicei as prácticas do C.A.P no I.E.S. Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela baixo a supervisión do profesor Paulo Porta. Esta experiencia que ten como obxectivo tomar contacto directo coa realidade do traballo docente e o mundo educativo, permitiume observar o funcionamento e participar das clases do CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO “LABORATORIO DE IMAXE” cos profesores Paulo Porta e Carmen García Soto e de DEBUXO TÉCNICO DE 2º DE BACHARELATO co profesor Paulo Porta. Despois de observar o desenvolvemento dalgunhas sesións de clases, coa orientación do profesor Paulo Porta e en colaboración doutra alumna do CAP Maite Gómez levamos a cabo o deseño e a posta en práctica dunha unidade didáctica sobre poliedros regulares.

Centro:

lES “ARCEBISPO XELMÍREZ 1” DE SANTIAGO

Poza de Bar, sIn. 15705 Santiago de Compostela
Tfno: 981.584321 - Fax:98 1.584533
e-mail: ies.arcebispo.xelmirez.1@xunta.es

Ensinanzas que se imparten no Centro:

  • E.S.O: Impártese o 1° e o 2° ciclo da ESO, cun total de 285 alumnos distribuídos en 7 grupos, 6 grupos no 1º ciclo, 6 no 2° ciclo e 1 grupo de alumnos que seguen o programa de diversificación curricular.
  • 1° e 2° de Bacharelato: Impártense dúas modalidades: científico-tecnolóxico, e humanidades e ciencias sociais, cun total de 210 alumnos distribuídos en 6 grupos.
  • CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO “LABORATORIO DE IMAXE”: É un ciclo de grao medio, para obtelo título de Técnico en Laboratorio de Imaxe: hai 47 alumnos no 1º curso distribuídos en dous grupos, e 13 alumnos en Formación en Centros de Traballo.
  • ESA (Educación Secundaria de Adultos:) impártese o Nivel III (Módulos III e IV) para obte-lo Titulo de Graduado en Educación Secundaria, hai inscritos 50 alumnos.
  • Bacharelato de Adultos: 160 alumnos distribuídos en cinco grupos cursan 1” e 2º de bacharelato nas modalidades científico-tecnolóxico, e humanidades e ciencias sociais.
  • Hai dúas Seccións Bilingües de Francés en Educación Física e Ciencias da Natureza. nos cursos 3º e 4° de ESO e unha Sección Bilingüe en Educación Física, en 1° de Bacharelato.

Equipo directivo:

Está formado polo Director, Vicedirectora, Secretario, Xefa de Estudios, e Xefe de Estudios Nocturnos (tódolos profesores do centro).

Claustro de profesores:

Está composto por 77 profesores (9 deles son mestres: 6 dan clase no 10 ciclo de ESO e 3 son do departamento de Orientación), os restantes son PES. Tódolos profesores pertencen a un Departamento didáctico, segundo a asignatura para a que foron nomeados para imparti-las clases. Hai un Xefe por cada Departamento: Departamento didáctico de Lingua Galega e Literatura, D.d. de Lingua e Literatura Española, D.d. de Xeografía e Historia, e Ciencias Sociais, D.d. de Filosofía, D.d. de Clásicas (Xefe de Departamento de Latín e Xefe de Departamento de Grego), D.d. de Alemán, D.d. de Francés, D.d. de Inglés, D.d. de Educación Física, D.d. de Música. D.d. de Matemáticas, D.d. de Ciencias Naturais, D.d. de Física e Química, D.d. de Debuxo e Plástica, D.d. de Tecnoloxía, D.d. de Relixión, D.d. de Economía, D.D. de Fol, Departamento de Orientación).

Departamento de Plástica:

No departamento de Plástica hai tres profesores que imparten clase a: 3 grupos de Plástica de 1º de E.S.O., 2 grupos de Plástica de 3º de E.S.O., 2 grupos de Plástica de 4º de E.S.O., un grupo de Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato, un grupo de Debuxo Técnico de 2º de Bacharelato, un grupo de Tratamento Dixital da Imaxe no Ciclo Formativo De Grao Medio “Laboratorio de imaxe”, un grupo de Procesos Fotográficos no Ciclo Formativo De Grao Medio “Laboratorio de imaxe” e un grupo de Revelado no Ciclo Formativo De Grao Medio “Laboratorio de imaxe”.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego