1. Contextualización
  2. Unidade didáctica
  3. Analise da experimentación
  4. Anexo 1
  5. Anexo 2
  6. Anexo 3
  7. Anexo 4
  8. Anexo 5 - Animacións en Cabri Geometre II

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE POLIEDROS REGULARES CON CABRI GEOMENTRE II

Titor: Paulo Porta (Xefe do Departamento de Debuxo do IES Arcebispo Xelmírez I)

CURSO DE ADAPTACIÓN PEDAGÓXICA. INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Curso Académico: 2003-2004

Autor: Horacio González Diéguez

Analise da experimentación

A unidade didáctica deseñada esta articulada o redor de dous recursos claramente diferentes; a pizarra e os gráficos xerados por ordenador. O seu deseño contempla a complementariedade destes dous recursos, e sobre todo, a tremenda utilidade das animacións feitas co programa Cabri Geometre II na visualización de toda a casuistica posible na representación dos poliedros. Por esta razón a posta en práctica da unidade didáctica serviu por un lado para ter unha experiencia docente na explicación oral convencional e no uso dos gráficos, esquemas e tablas na pizarra como principal soporte visual do alumnado. E por outro lado, permitiu experimentar a aplicación dos novos soportes e tecnoloxías na explicación do debuxo técnico.
Respecto á explicación convencional de contidos, ó uso da pizarra e a xestión da aula o mais salientable é a dificilisima xusta medida que hai que establecer entre o desenrrolo axeitado e fluido dos contidos e o detenemento necesario para que os alumnos podan seguir o fio dunha explicación sin perderse. En calquera asignatura, e sobretodo no debuxo técnico de segundo de bacharelato, é necesario un ritmo intenso que permita o cumprimento das metas fixadas na programación do curso. Lamentablemente en moitas ocasións esto choca rotundamente co imprescindible detenemento, que calquera explicación que teña que seguir un grupo de alumnos, require.
Existe un punto intermedio entre; demasiado rápido e demasiado lento. E, inda que resulta obvio que para o correcto entendemento dunha explicación é mellor demasiado lento que demasiado rápido, existen moitos condicionantes circunstanciais que poden facer que o profesor se vexa tentado a acelerar en exeso una explicación.
Por exemplo na primeira sesión da unidade didáctica o dexeso de levar a cavo todas e cada una das representacións de poliedros previstas probocou un ritmo un pouco excesivo. Pese o correcto uso da pizarra e a representación, mais ou menos clara, de todos os puntos a seguir na resolución dos exercicios, os alumnos foron perdendose e reenganchandose en distintos puntos da explicación. Por esta razón na cuarta figura, cando faltaban o redor de dez minutos de clase, foi preferible parar e retomar todo o anterior para clarificar e resolver as duvidas alumno por alumno.
A experiencia da primeira sesión serviu para replantexar a segunda sesión. No estudio das diversas posición nas que se poden representar os poliedros regulares, que se fixo mediante a visualización dun conxunto de animacións feitas co programa cabri geometre II, fixose especial fincapé naqueles aspectos que resultaron de especial dificultade na clase anteriór. De este xeito a segunda sesión, que estava prevista unícamente como soporte visual para a casuistica dos poliedros, serviu, ademais, como reforzo da clase do día anterior. A posibilidade de mover unha construcción revelouse como unha ferramenta extraordinaria a ora de facilitar a comprensión dos xiros e os abatementos que son necesarios para allar as medidas dos poliedros.
Na terceira sesión a que asistín como ointe, xa que foi desemvolta enteiramente pola compañeira Maite Gómez, se levou a cabo o trazado dun dodecaedro sobre a base coa axuda dunha proxeción na parede. A gran dificultade do trazado e o vistoso do resultado final serviu como aliciente os alumnos que se mostraron moi motivados tras a realización da construcción. Como tiñamos previsto, o desemvolvemento da unidade didáctica non só serviu para que os alumnos puxeran en practica os coñecementos do sistema diédrico adquiridos o longo do curso senon para que lles atopasen sentido e utilidade.
Os recursos infográficos utilizados tiveron unha gran acollida entre o alumnado resultaron por unha banda vistosos e atractivos e por outra explicativos e claros. Tanto e así que finalmmente decidimos que os alumnos estaban suficientemente interesados no programa utilizado para facer as animacións como para adicar unha sesión extraordinaria, xa prevista inicialmente na unidade didactica, a ensinar ós propios alumnos a utilizar o programa Cabri Geometre II para realizar animacións.
A experiencia en xeral foi moi gratificante, pero hai que ter en conta a facilidade do grupo no que puxemos en práctica a unidade didáctica, que tiña un número reducidísimo de alumnos, un nivel alto, e un comportamento xa bastante maduro. Tamén e necesario salientar a gran cantidade de medios que tivemos a disposición no centro dado que sen unha aula informática en condicións e un videoproxector oubera sido imposible levar a cabo a unidade didáctica deseñada.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego