Locative Audio

http://www.locativeaudio.org/

venres 29 de xuño do 2012, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

Como parte do programa de colaboración entre noTours e Novars, o centro de investigación en composición electroacústica, performance e arte sonora da Universidade de Manchester, Escoitar participa por segunda vez en Locative Audio. Na edición deste ano presentouse un paseo sonoro xeolocalizado ao redor da rúa Oxford e o parque Whitworth con composicións de Ricardo Climent, Suk-Jun Kim, Brona Martin, Felipe Otondo, Nacho Pecino, Mark Pilkington e Enrique Tomás.

A particularidade do proxecto radica en que, no contexto de Locative Audio, desenvolveuse unha nova ferramenta de visualización que permite facer un seguimento en tempo real das persoas que experimentan un paseo sonoro con noTours.


Desde o John Thaw Studio Theatre, a sala de concertos na que se celebraba o evento, os espectadores puideron observar o número de persoas que probaban o paseo e experimentar, en tempo real, a mesma experiencia acústica que cada un dos paseantes estaba escoitando. Para rematar, como parte da programación do evento e para presentar o proxecto, organizouse un pequeno concerto no que seis músicos improvisaron sobre a composición sonora que varios paseantes simultáneos xeraron na sala de concertos.

Locative Audio at flickr

+ INFO: Locative Audio at noTours, cities@manchester, Vimeo.

Locative Audio APP:

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English