Ulobit

http://www.ulobit.net/

domingo 18 de marzo do 2012, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Ulobit é un trío de música experimental formado tralo encontro de Horacio González Diéguez e Xoan Xil de Escoitar con Ariel Ninas de aCentral Folque, que en outono de 2011, despois dunha dilatada experiencia en ámbitos próximos á antropoloxía musical e a paisaxe sonora, deciden combinar a súa experiencia, para xerar unha nova proposta baseada na improvisación, a experimentación, a música incidental e os ritmos minimalistas.


En Marzo de 2012, Ulobit toma forma e presentase cun enorme éxito no Festival ECO en Madrid, ofrecendo un sorprendente e sinérxico cruce de tradición e vangarda que combina live cinema, música electrónica e zanfona. Para a súa primeira tempada presentan un espectáculo que toma o nome da película de Xurxo Chirro, Vikingland, xa que os descartes de montaxe deste filme compoñen a materia prima das imaxes que proxectan e distorsionan en sincronía co son durante a a actuación. Ulobit propón utilizar como material de partida, en cada tempada, descartes do traballo dun cieneasta ou videocreador galego e, para a primeira, escolle unha película que no só aborda cuestións tan relacionadas coa identidade galega como o traballo no mar, ou a emigración, se non que a súa vez, tamén está realizada partindo de material atopado e reutilizado. Vikingland é un traballo de “arquivo revelado” feito con metraxe gravado cunha cámara caseira por Luís Lomba, “O Haia”, un mariñeiro galego traballaba no mar do norte durante a década dos anos 90.

Ulobit combina tecnoloxía (electrónica, vídeo e software libre como OpenFrameworks e Pure Data) cun instrumento medieval como a zanfona, para deconstruir sonoridades e imaxes en vivo xerando unha experiencia evocadora, abstracta e sinestésica, que é única, diferente, en cada concerto.

Ulobit at flickr

+ INFO: "Buscadores de bits no Mar do Norte"

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English