Ulobit para peto

luns 22 de outubro do 2012, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

Como parte da exposición O disco é NORMAL, do 24 de outubro ao 23 de novembro, presentamos Ulobit para peto na Normal Espazo de intervención cultural, unha peza creada, en maio deste ano, para PLÉTORA no Furancho de Arte Contemporánea.

A través dunha pianola de xoguete e dunha pantalla 7 polgadas, na que se proxectan imaxes transformadas polo son producido ao accionar a pianola, a instalación establece unha ponte entre a vangarda actual, os inicios do cinema e a música mecanizada. Ulobit para peto é unha peza inspirada nas antigas caixas de música que sintetiza o proceso de traballo en directo do grupo Ulobit, unha pequena caixa, unha obra sinxela, case mínima, que consegue evocar a memoria daqueles obxectos da nosa infancia a través da tecnoloxía.


2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English