GGeoXml

Sábado 21 de abril de 2007, por Horacio González Diéguez

Na versión 2.76 da api de google acaba de incorporarse o obxecto GGeoXml. Este permite crear automaticamente unha capa de marcadores a partires dos datos recollidos nun documento geo rss ou klm. Ademais de automatizar todo o proceso de lectura do documento xml e de creación dos marcadores, a gran vantaxe deste obxecto é que permite traballar con documentos xml aloxados nun dominio alleo rompendo así as barreiras do protocolo XMLHttpRequest.

- exemplo

Esta implementación asemella un avance enorme no xeito de traballar coa api de google pero ten a desvantaxe de que alomenos polo de agora a información contida no documento xml, unha vez transformada nunha GOverlay, resulta totalmente inaccesible dende JavaScript.

Jacob Reimers Weblog

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego