Rotoreliefs

venres 30 de novembro do 2012, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Rotoreliefs é unha aplicación para iPad que estamos desenvolvendo no contexto do proxecto europeo European Acoustic Heritahe e que presentamos na súa primeira versión, como instalación sonora, na exposición O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo do 30 de novembro de 2012 ao 18 de xaneiro de 2013.

A aplicación esta inspirada nos Rotoreliefs de Marcel Duchamp e nalgúns exercicios de escoita de Murray Schafer nos que propuña a elaboración de partituras visuais de paisaxes sonoras. Na versión que desenvolvemos para a escola, a aplicación invita a crear a túa propia paisaxe sonora engadindo pequenos clips sobre dous Rotoreliefs de Duchamp que soan simultaneamente e permiten facer unha composición sonora con dúas pistas ou capas.


PNG - 241.5 KB

Rotoreliefs trátase dunha peza lúdica que permite construír pequenas secuencias rítmicas a partir de golpes de cincel, palillos, asubíos de frauta, tornos, motores ou cizallas, dunha paleta de sons do traballo do alumnado nas distintas aulas, gravados por Escoitar.org durante o mes de novembro deste ano na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English