Cara unha saída democrática da crise

venres 13 de setembro do 2013, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

Nunha colaboración con Ania González de Culture Workers, organizamos un pequeno seminario e unha sesión de traballo interinstitucional, con motivo da presentación de “Hipótesis democracia”, o último traballo do sociólogo e doutor en Historia Enmanuel Rodríguez. Apoiados polo grupo de investigación “Arte e Estética Contemporánea” e a Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, a actividade tivo lugar entre os días 24 e 26 de setembro de 2013.

O seminario, titulado “Cara a unha saída democrática da crise”, contou, co propio Enmanuel Rodríguez e con Marisa Pérez, coordinadora da Fundación de los Comunes, como poñentes. Á súa vez, a sesión de traballo contou con representantes institucionais do sector cultural galego e de espazos, colectivos e iniciativas independentes como Alg-a, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Baleiro, a Casa Tomada, Cidade da Cultura de Galicia, o CGAC, Ergosfera, a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a Fundación Luís Seoane, Galiza Ano Cero, MAC Gas Natural Fenosa, a Normal, Proxecto Derriba, e Sinsal.


JPEG - 293.9 KB
Seminario «Cara unha saída democrática da crise» no Paraninfo da Facultade de Historia. | PAULA IGLESIAS

O propósito deste proxecto foi promover un espazo para as novas formas de institucionalidade en Galicia, tomando como referente o traballo da Fundación de los Comunes e presentar un conxunto determinado de acordos de colaboración que, baixo un marco de condicións predeterminadas, favorezan relacións de permeabilidade, horizontalidade e sinerxia entre institucións de distinta natureza e escala.

Con motivo da publicación de toda a documentación xerada durante o seminario e a sesión de traballo, publicamos este artigo.

Documentación sonora do seminario:

24 de septiembre

  • 18:00 - 18:30 Apertura do seminario e presentación da Fundación de los Comunes (Marisa Perez Colina)

  • 18:30 - 21:00 A crise actual é unha crise sistémica (Enmanuel Rodríguez)

25 de septiembre

  • 11:00 - 12:15 * Sesión improvisada sobre urbanismo e crise institucional para alumnos e alumnas da Materia de “Historia do Urbanismo” (Enmanuel Rodríguez)

  • 12:30 - 14:00 A hipótese política hoxe é un proceso constituínte (Enmanuel Rodríguez) – Debate sobre a situación política en Galicia

  • 18:00 - 21:00 A hipótese dos comúns: ¿É posible instituír o común? (Marisa Perez Colina) – Debate sobre novas formas de democracia total

Documentación da sesión de traballo:

+ INFO: Culturadeseu, Fundación de los Comunes, Culture Workers.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English