PlayerMap é un mashup creado para publicar e compartir gravacións de campo a través de mapas sonoros. Proporciona un marco de traballo moi amigable para colectivos e grupos interdisciplinares, xa que está baseado en SoundCloud e moitas persoas están familiarizadas con este popular portal para publicar e compartir música a través de Internet. Está publicado baixo licenza licencia GNU GPL e calquera persoa pode utilizalo para crear o seu propio mapa sonoro.
-
-
Mapa sonoro de demostración creado con PlayeMap e SoundCloud
O mashup está concibido para usuarios e resulta moi doado utilizalo porque non é necesario manexar código, nin contar cun servidor potente para aloxar o mapa sonoro. PlayerMap foi publicado como resultado dunha serie de obradoiros impartidos polo colectivo Escoitar en Atenas ao longo de 2014, no contexto do proxecto do Goethe Institut "Einander zuhören – Stadt - (Ge) Schichten", cuxo obxectivo era a elaboración dun mapa sonoro da cidade en colaboración co colectivo de artistas e antropólogos gregos Fo̱nés e varios estudantes de escultura da Facultade de Belas Artes de Atenas.
O propósito que motivou o desenvolvemento do mashup foi proporcionar un marco de traballo amigable para publicar e compartir as gravacións realizadas polas persoas que participaban no proxecto, xa que moitas delas eran estudantes sen ningunha experiencia no traballo con son ou na gravación de campo. Por esta razón, decidimos aproveitar a API de SoundCloud, para deseñar un sistema que permitise crear automaticamente o mapa sonoro con todos os tracks publicados a través dun grupo, mediante o simple detalle de engadir dous metatags coa información xeográfica da localización de cada gravación.
-
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
-
Paisaxe sonora do Miño
| Auga Doce
Ese mesmo ano, con motivo da exposición "Auga Doce" celebrada na Cidade da Cultura de Galicia, o equipo de Escoitar foi convidado a facer o desenvolvemento técnico dun punto de escoita interactivo para pantalla táctil con rexistros sonoros do curso do río Miño repartidos ao longo do seu percorrido e tamén o levamos a cabo utilizando PlayerMap. Despois da presentación dos dous proxectos decidimos publicar o mashup para que outras persoas puidesen utilizalo libremente.
-
A nosa intención é continuar o desenvolvemento do proxecto engadindo, por exemplo, a posibilidade de publicar a través de Arquive en lugar de SoundCloud. Desexamos recibir propostas de obradoiros ou proxectos de colaboración para poder seguir mellorando PlayerMap!
Polo de agora, deixámosvos unhas instrucións acerca de como utilizalo e un titorial realizado por Xoan-Xil para que o probedes.
Como utilizar PlayerMap
*
PlayerMap resucita! Nos últimos meses moitos e moitas preguntastes por
PlayerMap a raíz da desaparición dos grupos de
SoundCloud, grazas a
Pablo Blas e á equipa de
Sonoteca Bahia Blanca acabo de publicar unha pequena solución que eles concibiron para cargar os tracks dun usuario en vez dos dun grupo.
Podedes descargar a nova versión de PlayerMap en Github e sustituír group: ’xxxxxx’ por user: ’xxxxxx’, para levantar os vosos mapas. Co fin de conseguir a id do voso usuario podedes ir á seguinte URL:
https://api.soundcloud.com/resolve.json?url=http://soundcloud.com/+ YOUR_USER_NAME + &client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3
En canto saque outro oco vou a mellorar o código para poder concatenar usuarios de xeito que os mapas podan amosar os tracks dun listado de usuarios diferentes.
-
-
PlayerMap Tutorial
| by Xoán-Xil
Necesitarás unha ou varias contas de SoundCloud en función do número de gravacións que queras publicar. O servizo esta bastante limitado e soamente podes subir algunhas horas de son por conta.
2. Crea un grupo
PlayerMap mostrará todos os tracks que engadas ao teu grupo de SoundCloud. Deste xeito o proceso de creación do mapa sonoro poderá ser colaborativo, xa que terás a posibilidade de convidar a outras persoas a que participen no proxecto. Ademais, así, poderás engadir todos os sons que queras ao mapa aínda que esgotes o límite dunha conta. Lembra que o moderador do grupo deberá aprobar todas as achegas e que só é posible crear un grupo desde cada conta.
-
-
Menú para a creación de grupos en SoundCloud - http://soundcloud.com/groups/new
3. Sube as túas gravacións, engádeas ao grupo e utiliza etiquetas de latitude e lonxitude
Ademais de subir as túas gravacións e engadilas ao grupo de SoundCloud será fundamental introducir a información xeográfica de cada un dos tracks que publiques e para iso deberás utilizar etiquetas ou tags. No formulario para subir son atoparás un campo para engadilas, copia e pega a información xeográfica seguindo este exemplo. Lembra escribir ambas as etiquetas entre comiñas, usar sempre o punto en lugar de coma para separar os decimais e escribir de forma precisa.
"Lat:40.416775", "Lng:-3.703790"
-
-
Menú para subir son con etiquetas indicando latitude e lonxitude da grabación - https://soundcloud.com/upload
* Podes obter a latitude e lonxitude de calquera lugar usando a seguinte páxina web - http://www.latlong.net/convert-address-to-lat-long.html
4. Sube PlayerMap ao teu servidor
Despois de engadir algunhas gravacións, cando teñas o grupo listo, descarga todos os arquivos do mashup en Github e súbeos ao teu servidor. Se queres, podes colocalos nun subdirectorio chamado map.
-
-
Utiliza un navegador FTP para subir os arquivos ao servidor
5. Edita index.html
Edita o script do documento index.html indicando a URL onde se atopa o teu mapa e a id do teu grupo de SoundCloud. Este é o paso é máis tedioso porque non resulta doado atopar a id do teu grupo.
a) Para atopar a id do teu grupo debes abrir unha URL da API de SoundCloud, composta da seguinte maneira, no teu navegador:
http://api.soundcloud.com/resolve.json?url= + URL do teu grupo + &client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3
O grupo que creamos para facer o mapa de demostración ten a seguinte URL - https://soundcloud.com/groups/my-sound-map -. Para otener o súa id é necesario visitar a seguinte dirección - http://api.soundcloud.com/resolve.json?url=https://soundcloud.com/groups/my-sound-map&client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3 -.
b) Ao acceder a dita dirección no navegador, verás toda a información do grupo codificada en JSON, o segundo valor da lista é a id que necesitas.
-
-
Procura a id do teu grupo a través da API de SoundCloud
c) Despois de indicar a URL onde se atopa o teu mapa onde pon escribe_aqui_la_url_de_tu_mapa, copia e pega a id do teu grupo onde pon escribe_aqui_la_id.
-
-
Indica a URL do teu mapa e a id do teu grupo en index.html
6. Comparte o teu mapa sonoro connosco
Escríbenos e cóntanos a túa experiencia ou comparte o teu mapa feito con PlayerMap!
