Can Spivak Speak?

sábado 31 de maio do 2014, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

Acabamos de estrear unha nova colaboración entre Ania González (especialista en Museoloxía e Teoría crítica) e Horacio González (Artista dixital), que partindo da pregunta feita pola teórica feminista Gayatri Spivak Can the subaltern speak?, propoñen unha serie de exercicios metodolóxicos entorno á (im)posibilidade da comunicación baixo o título de Can Spivak Speak?

O primeiro exercicio desta serie que explora a linguaxe e o código como estruturas que unen e separan, foi presentado o 31 de maio, no ciclo de conversas A2 produções em torno da arte contemporânea, en Culturgest (Porto).


JPEG - 897.3 KB
Programa del ciclo A2.2 | Proximidade e Aproximação

Can Spivak Speak? 01, mais que unha conversa entre Ania e Horacio realizada no marco do ciclo, foi proposta como un formato de conversa telepresencial para poñer en práctica de xeito experimental durante unha sesión do ciclo, como unha acción performativa con forma de conversa telemática. Revelando a través de tres proxeccións o maior número posible de elementos da conversa e establecendo un formato de anotación da mesma a través dun código de marcas mediante o cal a conversa vaise rexistrando nun documento de texto de xeito simultáneo a o seu desenvolvemento, a proposta establece unha pauta e un escenario nos que os elementos que interveñen no proceso de comunicación rearticúlanse e póñense de manifesto. Unha pauta e un escenario nos que a conversación multiplicase, desprégase e enriquécese, pero nos que a comunicación paralízase, cosifícase e dificultase enormemente.

A través do formato establecido para a conversa Can Spivak Speak? 01 pretende interpelar acerca da posibilidade de articular un proceso de comunicación para ser mostrado sen transformalo nunha representación de si mesmo, acerca da posición que ocupa o público neste proceso e acerca dos conceptos sobre a comunicación que rodean o proxecto. Paralelamente, o tema escollido para exercitar dito formato de conversa, a posible materialización da segunda proposta da serie, é unha clara aposta por abordar as cuestións suscitadas dende a complexidade, establecendo conexións entre conceptos, lugares, imaxes e ideas que transitan o presente inmediato da conversa, un pasado-presente-futuro representado pola primeira proposta da serie, a cal a pesar de estar tendo lugar, analizase como se xa sucedera, coa intención de establecer as claves da segunda proposta da serie, e finalmente, un futuro feito presente a través da segunda proposta que se planifica.

En definitiva Can Spivak Speak? 01 é unha conversa despregada para establecer dobras e pregamentos, encontros y desencontros, nun formato rochoso e exixente tanto para o público como para os conferenciantes, no que a linguaxe faise implacablemente presente e cada persoa debe decidir como sitúase fronte ao proceso de comunicación e fronte ao mesmo.

Documentación:

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English