P L É T O R A #1

http://pletora.es

xoves 30 de xaneiro do 2014, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Dende finais do ano pasado colaboramos co proxecto editorial PLÉTORA encargándonos do desenvolvemento e o deseño do segundo número desta revista online, que foi presentado o 30 de xaneiro no MARCO de Vigo. En dous anos de vida este proxecto, que destaca por prestar especial atención ás producións de novos artistas, foi consolidándose paulatinamente como un de espazo de referencia para a reflexión critica sobre as artes visuais e as artes vivas na rede, tanto en Galicia, como no territorio nacional, e incorporando aos seus contidos artigos de intelectuais da talla de Fernando Castro Flórez, Peio Aguirre, o María PTQK.

O proxecto comezou a súa andadura en maio de 2012 a través dun comisariado no Furancho de Arte Contemporánea e da publicación do número #0 da revista, editado por María Marco e deseñado por Mauro Trastoy. Neste segundo número incorporáronse ao equipo Ania González como codirectora xunto a María Marco e Horacio González no deseño e o desenvolvemento web.


Aínda que se intentou dar certa continuidade ás claves do elegante deseño dos artigos do número #0, para este segundo número apostamos por utilizar unha plataforma dinámica, que permitise un traballo editorial máis rápido e directo, sen limitar as posibilidades de redeseño constante da revista. PLÉTORA é, sobre todo, unha revista para a lectura e a reflexión, por iso apostouse por un estilo sinxelo e directo no que o deseño pase case desapercibido. O número #1 conserva o espírito minimalista e as características tipografías do número anterior, pero a incorporación da cor aportou un ton mais cálido e fresco do que esperamos gocen os lectores. Neste número, tamén fixemos un importante esforzo na integración e xestión das imaxes utilizando dobre resolución para os dispositivos retina, estamos particularmente orgullosos da experiencia do número a través dun iPad, invitámosvos a coñecela!

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English