Mapa colaborativo do Exilio español en México

http://www.exiliomexico.escoitar.org/

luns 23 de xuño do 2014, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Ao longo deste ano, a través de Escoitar.org, estamos desenvolvendo xunto co lab de locative media GPS Museum, un proxecto encargado polo CCEMx (Centro Cultural de España en México); a posta en marcha do Mapa colaborativo do Exilio español en México. Este proxecto de cartografía colectiva emocional sobre un momento fundamental da nosa historia forma parte das diferentes actividades organizadas para o programa do 75 aniversario do Exilio español, da conmemoración do fin da Guerra Civil española, e da chegada a México da maioría dos aproximadamente vinte e cinco mil refuxiados acollidos en dito país.


PNG - 658.6 KB
Mapa colaborativo del Exilio | Rutas de los barcos Ipanema, Méxique y Sinaia

O Mapa colaborativo do Exilio español en México é unha aplicación web que permite visualizar distintas lembranzas subxectivas e persoais dos exiliados de forma xeolocalizada. Unha cartografía online alimentada por entrevistas, fotos, documentos da época e textos recollidos en obradoiros e mesas de traballo realizados durante os primeiros meses de 2014 no CCEMx, que foron coordinados por Fred Adam e Verónica Perales (GPS Museum, Transnational Temps), Nadia Méndez (Investigdora especializada no Exilio) e Xoán Xil (Escoitar.org). A partires deste mes, tralo lanzamento público do mapa, todos os interesados poderán participar aportando os seus propios nodos ou visitalo para coñecer un pouco mais sobre a historia do Exilio español en México, nunha dirección temporal.

Paralelamente, pola nosa banda, iremos mellorando o deseño e a programación desta ferramenta e incorporando todas as suxestións que podamos das persoas que participen, co obxectivo de que o desenvolvemento do mapa estea acabado no outono. A partir dese momento, pecharase o período de participación e trasladarse o mapa definitivo a unha dirección permanente no servidor do CCEMx. Esta primeira versión da ferramenta que se publica coa presentación do mapa foi desenvolvida en estreita colaboración con Fred Adam e é plenamente funcional. Ao longo do ano esperamos poder incorporar unha atractiva adaptación para dispositivos móbiles ou tablets e unha API que permita aos usuarios reutilizar toda a información publicada para o desenvolvemento de terceiras aplicacións.

Invitámosvos a coñecer o proxecto e a participar aportando os teus propios recordos ou os dos teus familiares.

+INFO: Nota de prensa

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English