Acerca de Horacio González Diéguez

venres 9 de xaneiro do 2015, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

JPEG - 822.3 KB

Licenciado en Belas Artes, estudante de doutoramento en Deseño e Enxeñería na Universidade de Vigo e profesor de Educación Secundaria en Galicia dende o ano 2005, na actualidade imparte clases no Máster para o Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas na Universidade de Vigo.

Horacio González Diéguez inicia a súa relación coa creación dixital e os novos medios como coordinador dun festival de arte, música e tecnoloxía chamado IFI, que entre os anos 2002 e 2003, foi organizado pola Delegación de Alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o colectivo Flexo e a produtora Sinsal Audio en colaboración co Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo. Tras dita experiencia, no ano 2005 especialízase no ámbito da creación dixital a través dun curso de posgrao da Facultade de Belas Artes de Pontevedra chamado Inter(medios)_Inestabilidade, creación e cultura dixital, e no ano 2006 participa no festival Ars Electronica como membro do Electrolobby 2006, asistindo alí a cursos de Zachary Lieberman (OpenFrameworks) e David Cuartielles (Arduino).

A súa traxectoria é eminentemente interdisciplinaria, combinando docencia, investigación e creación. Forma parte dos colectivos VHPlab e Escoitar como artista e desenvolvedor de software, dende os anos 2005 e 2006 respectivamente. A través destes colectivos participa regularmente en congresos, eventos e exposicións nacionais e internacionais, tales como Artech 2006, Terceira Conferencia Internacional de Arte Electrónico e Dixital (Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Pontevedra. 2006), Audio HackLAB (Espazo Anexo do MARCO. Vigo. 2007), Google Art, or How to Hack Google (New Museum. New York. EE.UU. 2007), Cartografías da escoita (CGAC. Santiago de Compostela. 2007-08), Interactivos 08 (Medialab-Prado. Madrid. 2008), Inclusiva—net: redes digitales y espacio físico (Medialab-Prado. Madrid. 2008), Sonorama (Fonoteca Nacional de Méjico. Méjico. 2008), Banquete (Laboral Centro de Arte. Gijón. ZKM. Karlsruhe. Alemania. 2008 y 2009), SummerLAB (Laboral Centro de Arte. Gijón. 2010 y 2011), Gategays, Art and Networked Culture (Kumu. Tallin. Estonia. 2011), Después del Silencio (Casa Encendida. Madrid. 2011), III Congreso Metaversos, Web3D y Redes Sociales en Mundos Virtuales (Palau de Congressos D’Eivissa. Ibiza. 2011), Metropolis Laboratory 2012 (Copenhague. Dinamarca. 2012).

Recentemente, no ano 2012, interrompe o seu traballo como profesor de Educación Secundaria para coordinar a participación do colectivo Escoitar no proxecto European Acoustic Heritage xunto con AGADIC, Fundación Illa de San Simón, Tampere University of Applied Sciences, CRESSON e Phonogrammarchiv. No contexto deste proxecto, entre os anos 2012 e 2013, representa aos partners españois nas reunións do mesmo, desenvolve os proxectos European European Soundscape TV, European Soundscape Map e Water Soundmap, leva a exposición European Acoustic Heritage a Tampere, Finlandia, Grenoble, Francia, Bruxelas, Bélgica, Volos, Grécia e Santiago de Compostela, España, e imparte conferencias e obradoiros en seminarios e encontros internacionais como Semaine du son 2012 (École nationale supérieure d’architecture de Grenoble. Grenoble, Francia, 2012), Discovering the Soundscapes of Europe (Finish Labour Museum Werstas auditorium. Tampere, Finlandia, 2012), NoTours workshop Tampere (Tampere University of applied sciences. Tampere, Finlandia, 2012), Winter School of Sound (École nationale supérieure d’architecture de Grenoble. Grenoble, Francia 2013), ou NoTours workshop Volos (Department of Architecture of the University of Thessaly. Volos, Grecia, 2013).

Entre os distintos proxectos que desenvolve na actualidade destacan a formación do grupo Ulobit xunto con Xoán-Xil López e Ariel Ninas, o desenvolvemento da plataforma noTours en colaboración con Enrique Tomás e a colaboración con Ania González (Lysis und Kritik). Ulobit é un trío de música experimental que combina visuais, electrónica e zanfona nunha proposta baseada na improvisación, a experimentación, a música incidental e os ritmos minimalistas, que no seu primeiro ano de existencia presentou un espectáculo chamado Vikingland en lugares como o Festival ECO (Matadero, Madrid, 2012), a inauguración do Furancho de Arte Contemporánea, (FAC, Santiago de Compostela, 2012), o festival PI (Sala Plutón, Valencia, 2012) ou Espazos Sonoros (Museo Massó, Bueu, 2012). noTours é o proxecto mais internacional de Escoitar, tratase dunha plataforma que permite percorrer espazos experimentando unha realidade acústica aumentada, un software para Android que utiliza tecnoloxía GPS e permite construír relatos sonoros interactivos sobre o territorio, alterando la percepción do espazo a través da superposición dunha nova capa de son á realidade que transforma os espazos percorrido a través dunha experiencia acústica envolvente, inesperada e inmersiva. Dende a súa creación en 2009 noTours estivo presente en exposicións como Pasado y presente: de lo propio y de lo ajeno (Laboral Centro de Arte, Gijón, España, 2009), El angel, ARTe SONoro (La Casa Encendida, Madrid, España, 2010), (no)Tour Gent, Sound Pavilions (SMAK, Gent, Belgica 2011), ou White Walk, Gateways (Kumu/Goethe-Insttitut, Tallinn, Estonia 2011), festivais como Mantis Festival (NOVARS Research Centre de University of Manchester, Manchester, UK, 2011 ), Locative Audio (NOVARS Research Centre de University of Manchester, Manchester, UK, 2012 y Universitat Politécnica de Valencia, Valencia, España, 2013) ou Mai Numérique (Carcassonne, Francia, 2014). Finalmente a liña de traballo mais recente do artista é a súa colaboración con Ania González que desembocou na organización dos programas de outra institucionalidade Cara unha saída democrática da crise (USC, CGAC, Santiago de Compostela, 2013) e Procesos instituintes na praxe artística actual (Ciclo internacional de artes vivas no museo De corpo en lugar, CGAC, Santiago de Compostela, 2014), o inicio dunha serie de exercicios metodolóxicos relacionados coa (im)posibilidade da comunicación chamados Can Spivak speak?, coa pregunta formulada pola teórico feminista Gayatri Spivak “Can the subaltern speak?” como punto de partida, presentados no programa de conferencias A2 Produções em torno da Arte Contemporánea (Culturgest, Porto, 2014) e, finalmente, un recente proxecto de acción crítica e enxeñería cultural chamado Agentes del Caos iniciado en outubro de 2014.

Actividades e proxectos: 2016 | 2015 | 2014 | 2013 | 2012 | 2011 | 2010

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English