herm3TICa

http://herm3tica.tv/

martes 13 de xaneiro do 2015, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Herm3TICa é un proxecto de investigación en Artes escénicas e Artes Visuais a través das novas tecnoloxías, desenvolvido polo laboratorio de Alg-a en colaboración coa Fundación CEER, o espazo de Danza de a USC, Laboratorio de Luz, Kònic Thtr, Axouxere Editora e Poetry Slam Mallorca. O proxecto toma como puntos de partida o Tarot, o Esquizoanálisis e a reformulación do concepto de hermetismo, propoñéndose como obxectivo, a creación de un espazo de experimentación no que o cerrado fisicamente abrase a través de cámaras e sensores, a través da interactividade e a telepresencia; o Laboratorio herm3TICo de performance.


JPEG - 362.4 KB

Herm3TICa explora o cruce e a hibridación de conceptos, imaxes e suxestións provenientes da tradición mística, a Alquimia ou a Hermética coa tecnoloxía, tomando o Tarot como como eixo catalizador, inductor do inconsciente ou impulsor de encrucilladas, para re-explorar, dende outros lugares e con outras miradas, cuestións tecnolóxicas que de xeito inherente son filosóficas, como tracking, computer vision, opensource, hardware libre, DIY ou DIWO.

No marco do proxecto, a cartas del Tarot convertense en escenas descritas por dispositivos tecnolóxicos e sistemas interactivos deseñados para xerar un entorno que afecte á(s) subxectividade(s) dun modo similar a como o fai cada carta. Ao igual que o Esquizoanálisis trata o inconsciente como unha fábrica de produción que non quere dicir nada, que non se interpreta, pero que significa, acontece e emite significancias, signos que irrompen e liberan, o Laboratorio herm3TICo de performance, pretende ser un espazo de investigación, produción e recreación libre, que poña o corpo nun lugar privilexiado, non como centro da creación, se non como célula conectada co macrocosmos e o microcosmos nun escenario, abano de escenas, de tele-recepción e tele-proxección..

Ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo deste ano, como colaborador de Herm3TICa, Horacio González realizará residencias no Alg-a Lab de Valadares, participará no desenvolvemento técnico e conceptual das propostas xunto con Manuel Hauser, Emanuele Mazza e Carlos Suarez, e impartirá varios obradoiros de formación relacionados co proxecto, participando ademais nun seminario de presentación dos resultados do 18 ao 20 de febreiro na Facultad de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Durante este período, publicaremos todo o software desenvolvido para o proxecto a través do Github de Alg-a e realizaremos unha serie de artigos sobre cuestións que abordemos ao longo da evolución do proxecto, dende o punto de vista técnico e conceptual, intentando trazar unha liña a través dos arcanos do Tarot. Poderedes atopar ditos artigos tanto a través da páxina do proxecto -herm3tica.tv- como a través de VHPlab.

00. El Mago - http://herm3tica.tv/el-mago-areas-de-activacion/
01. Contando pixeles - http://herm3tica.tv/contando-pixeles/
02. Redimensionando una imagen - http://herm3tica.tv/redimensionando-una-imagen/
03. Dibujando la alfombra de Sierpinski | 01 - http://herm3tica.tv/dibujando-la-alfombra-de-sierpinski-con-pixeles/
04. Dibujando la alfombra de Sierpinski | 02 - http://herm3tica.tv/dibujando-la-alfombra-de-sierpinski-shaders-y-fbo/
05. La sacerdotisa - http://herm3tica.tv/la-sacerdotisa-background-subtraction/
06. Centro de gravedad - http://herm3tica.tv/la-sacerdotisa-centro-gravedad/

herm3TICa at flickr
2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English