P L É T O R A #3

http://www.pletora.es/

xoves 18 de decembro do 2014, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [Español] [galego]

Acabamos de presentar o número #3 de P L É T O R A mediante unha festa sobre os contidos editoriais da revista en Espazo Sirvent con Sinsal Audio, na que fixemos o lanzamento de P L É T O R A LIMITED EDITIONS by Jorge Perianes & Tayone, unha serie de camisetas de artista producidas grazas a Do Paraná, Espazo Serigráfico. Pese a súa corta vida, apenas tres números, esta revista galega creada para a reflexión critica sobre as artes visuais e as artes vivas na rede, coa que colaboramos dende finais de 2012, apostou no seu terceiro número por unha liña editorial de internacionalización dos contidos, incorporando colaboradores de gran recoñecemento como, Cuauhtémoc Medina, Martí Manen ou Beatriz Preciado. Esperamos que P L É T O R A siga ofrecéndonos gratas sorpresas e que a nosa axuda servise para consolidar a revista.


Neste número tivemos, se cadra, unha maior implicación na labor editorial, participando na selección de contidos, escribindo un dos artigos do número, Transcripción desordenada de una conversación con Sylvie Marchand, e actualizando o deseño e a programación da revista para darlle un formato novo más dinámico.

O propósito do redeseño do número foi dotar de maior visibilidade á diversidade de contidos da revista adoptando unha estética de magazine e resaltando tres liñas de artigos, que se repiten en cada número estruturando a revista; o editorial, un comisariado online e unha entrevista destacada. Paralelamente fixemos un traballo más imperceptible, pero que permite á revista manter un deseño distintivo para cada número compartindo un único xestor de contidos, Spip. Seguindo unha filosofía claramente inspirada na web semántica, a infraestrutura da web permite cambiar radicalmente o deseño de calquera contido facendo do aspecto gráfico e visual unha capa ou segunda pel totalmente intercambiable.

Para o futuro, a nosa intención é que PLÉTORA poda invitar a distintos artistas visuais e deseñadores a concibir e repensar o aspecto de cada número con total liberdade dotándoos dun aire fresco e de personalidade propia. A revista adquire así unha natureza de continuidade cambiante que lle permite reinventarse constantemente incorporando novos equipos de colaboradores. Vos convidamos a coñecela e a mergullarvos entre os interesantes contidos dos números #0, #1 e #3!

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English