A perspectiva no abismo

venres 17 de novembro do 2006, por Horacio González Diéguez

A perspectiva no abismo é un traballo de Horacio González Diéguez e Xabier Lorenzo Abalde presentado na terceira conferencia internacional de arte electrónico e dixital, Artech 2006, Conectando fronteras. O texto explora os límites da perspectiva cónica a través da xeometría dinámica, mediante a revisión e reconstrucción do gravado Direzioni della prospettiva de Galli Bibiena por medio dunha instalación interactiva construída utilizando o do programa Cabri Geometre II.

A través da experiencia os autores describen como as novas formas de concibir a perspectiva que promove a xeometría dinámica, dilúen as fronteiras tradicionais entre os distintos sistemas de representación e poñen de actualidade a concepción e formulación renacentista da perspectiva.


2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English