30 - Nov (16:30 - 18:30)

5ª Sesión

1º de Bacharelato (Contidos, metodoloxía de ensinanza e traballo por proxectos no Bacharelato)

Sábado 5 de septiembre de 2015, por Xabier Lorenzo Abalde

Programación curricular, deseño de unidades didácticas e programacións de aula.
DCB de Debuxo Técnico de 1o de Bacharelato. Metodoloxías e estratexias de traballo na aula de debuxo.
Actividades para Debuxo Técnico de 1o de Bacharelato.

JPEG - 2.1 MB
6ª Sesión da materia de Complementos para a ensinanza das Artes, presentación de Xabier Lorenzo Abalde.

Xabier Lorenzo Abalde

Licénciase en Belas Artes no ano 1996. Dende o ano 2005 é profesor de debuxo no IES de Brión.
En paralelo á súa actividade docente, ven desenvolvendo unha labor de investigación ao redor da didáctica do debuxo técnico na que as TICs, e en concreto a xeometría dinámica xogan un papel fundamental. Actualmente os seus esforzos céntranse na creación de recursos e na súa difusión, tanto entre o alumnado a través de aulas virtuais, como entre o profesorado a través de cursos de formación.
Como relator ten colaborado coa Consellería de Educación a través dos seus servizos de formación de profesorado, co CGAC, coa Universidade de Vigo a través da Vicerreitoría do Campús de Pontevedra e a través do Master de Secundaria da Facultade de BBAA, e con diversas asociacións de ensinantes e fundacións (ASPG, APETEGA, AGEDA, FMMO).

Aula virtual de debuxo na web do su centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/taxonomy/term/115
Outras ligazóns:
http://espazoweb.com/debuxonarede/
http://debuxotecnico.com/

O traballo de Xabier Lorenzo é particularmente interesante no que respecta a aplicación da metodoloxía de traballo por proxectos en 1º de Bacharelato. Os 5 proxectos interdisciplinares de colaboración entre os departamentos de Debuxo e Tecnoloxía, que desenvolveu ata o de agora no IES de Brión, constitúen un exemplo extraordinario de como traballar por proxectos, introducindo de forma práctica e motivadora os contidos do DCB, nos niveis educativos altos.

Módulos termoformados ensamblables
http://mtc.espazoweb.com/
Proxecto de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I. IES de Brión 2014

Cociña solar con concentrador parabólico tipo Fresnel
http://concentradorsolar.espazoweb.com/
Proxecto de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I. IES de Brión 2013

Lámpada cerámica modular de leds
http://lcl.espazoweb.com/
Proxecto de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I. IES de Brión 2012

Invernadoiro xeodésico
http://aulasnarede.espazoweb.com/invernadoiro_xeodesico_no_ies_de_brion/
Proxecto de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I. IES de Brión 2011

Cociña solar parabólica
https://sites.google.com/site/enerxias/proxecto-cocina-solar
Proxecto de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I. IES de Brión 2010

Apuntes colaborativos da sesión realizados polo alumnado

Descargar Notas sesión do mestrado do 30 de Novembro do 2016 en formato PDF (545.6 KB)

CC by-nc-sa
2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego