Estruturas poliédricas con pezas entrelazadas

martes 27 de outubro do 2015, por Horacio González Diéguez

JPEG - 2.8 MB

Esta é unha actividade que comecei a facer grazas a un alumno de 1º da ESO que atopou un recurso educativo con recortables das estruturas poliédricas a través de Internet e o trouxo a clase.

Facer as estruturas a partir de modelos predebuxados como propón este recurso, non me parece axeitado, pero penso que ditas estruturas poden constituír unha escusa fenomenal para que os rapaces e rapazas de 1º da ESO teñan que repetir varias veces os trazados dos polígonos regulares.

Para isto, a miña proposta consiste en preparar patróns de corte para facer facilmente as ranuras que permiten encaixar as caras das estruturas poliédricas e debuxar os polígonos a man co xogo de escadros e o compás en cartulinas de cores. Para preparar os patróns de corte eu utilicei un material similar ao metacrilato chamado arraglas do que consigo restos nas tendas de marquetería.

Trazados para as ranuras e patróns de corte en arraglas

Montaxe de unga das estruturas

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English