Obradoiro de OpenFrameworks
Código, glitch e creatividade é un obradoiro de introdución a OpenFrameworks e as súas posibilidades no ámbito audiovisual a través do traballo de Horacio González nos colectivos VHPlab e Ulobit. OpenFrameworks tráase dunha librería libre deseñada para axudar no proceso creativo, que proporciona un marco sinxelo e intuitivo para o desenvolvemento de aplicacións, sistemas interactivos ou proxectos baseados en computer vision, pero, pese a tratarse dun entorno sinxelo que permite un fluxo de traballo rápido e eficaz á hora de levar a cabo proxectos, é un contorno baseado na linguaxe C++ e a súa curva de aprendizaxe resulta dificil para aquelas persoas que non teñen experiencia previa noutras linguaxes de programación.
No marco deste obradoiro, facilitouse un achegamento multidisciplinar, creativo e dende distintos niveis e intereses a OpenFrameworks, traballando na instalación e configuración do contorno, na manipulación creativa de exemplos e no desenvolvemento de pequenas aplicacións.
Instalación e configuración de OpenFrameworks
Mac Os
1. Descargar e instaler Xcode.
https://developer.apple.com/downloads/?name=Xcode (developer)
https://developer.apple.com/xcode/download/
2. Descargar y descomprimir openFrameworks.
http://openframeworks.cc/versions/v0.9.0/of_v0.9.0_osx_release.zip
3. Guía.
http://openframeworks.cc/setup/xcode/
Ubuntu
1. Descargar e instalar Qt Creator.
http://www.qt.io/download-open-source/#section-6
2. Descargar y descomprimir openFrameworks.
(32 bit) http://openframeworks.cc/versions/v0.9.0/of_v0.9.0_linux_release.tar.gz
(32 bit) http://openframeworks.cc/versions/v0.9.0/of_v0.9.0_linux64_release.tar.gz
3. Executar no terminal os scripts de instalación (install_dependencies.sh, install_codecs.sh, compileOF.sh y compilePG.sh).
http://openframeworks.cc/setup/linux-install/
bucles, variables y funciones
Un addon de exemplo - ofxARtoolkitPlus
Decidimos utilizar openFrameworks 8.4 porque nin os addons nin as aplicacións que queríamos usar de exemplo funcionaban na versión 9.0, que acaba de sair fai unhas semanas.
1. Descargar e instalar unha versión 8.4 de openFrameworks.
http://openframeworks.cc/download/older/
2. Descargar ofxARtoolkitPlus de github a través da páxina dos addons .
http://www.ofxaddons.com/categories/10-computer-vision
https://github.com/fishkingsin/ofxARtoolkitPlus
2. Descomprimir ofxARtoolkitPlus-master.zip e copiar o cartafol ofxARtoolkitPlus-master dentro do cartafol addons de openFrameworks.
3. Cambiar o nome do cartafol por ofxARtoolkitPlus e borrar o exemplo.
4. Crear un exemplo co projectGenerator incluindo os addons ofxARtoolkitPlus e ofxOpenCv.
5. Copiar main.cpp do exemplo orixinal en ofxARtoolkitPlus-master no cartafol src do exemplo creado co projectGenerator sustituindo o main.cpp que foi creado automáticamente.
6. Copiar o contido da carpeta data do exemplo orixinal en ofxARtoolkitPlus-master no cartafol data do exemplo creado co projectGenerator.
7. Abrir o exemplo creado co projectGenerator con Xcode e arrastrar testApp.cpp e testApp.h sobre a carpeta src para que Xcode os incorpore no proxecto. É moi importante que este seleccionada a opción "Copy items if needed".
8. Borra ofApp.cpp e ofApp.h dende Xcode pulsando sobre eles co botón dereito. É moi importante que envíes os arquivos á papeleira, cando Xcode pregunte.
9. Compila o exemplo para comprobar que funciona correctamente.
Aplicación of1 do proxecto herm3TICa
https://github.com/alg-a/herm3TICa
Sistema de parículas
Partindo dos seguintes exemplos de Processing integrarmos un sistema de partículas nun contorno de realidade aumentada co addon que instalamos en openFrameworks.
https://processing.org/examples/bouncybubbles.html
https://processing.org/examples/simpleparticlesystem.html
https://github.com/horaciogd/openFrameworksWorkshop
Mais información e recursos en UNI Imaxinaria
Workshop openFrameworks at flickr
|