Como utilizar PlayerMap

luns 6 de xuño do 2016, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

* PlayerMap resucita! Nos últimos meses moitos e moitas preguntastes por PlayerMap a raíz da desaparición dos grupos de SoundCloud, grazas a Pablo Blas e á equipa de Sonoteca Bahia Blanca acabo de publicar unha pequena solución que eles concibiron para cargar os tracks dun usuario en vez dos dun grupo.

Podedes descargar a nova versión de PlayerMap en Github e sustituír group: ’xxxxxx’ por user: ’xxxxxx’, para levantar os vosos mapas. Co fin de conseguir a id do voso usuario podedes ir á seguinte URL:
https://api.soundcloud.com/resolve.json?url=http://soundcloud.com/+ YOUR_USER_NAME + &client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3

En canto saque outro oco vou a mellorar o código para poder concatenar usuarios de xeito que os mapas podan amosar os tracks dun listado de usuarios diferentes.

PlayerMap Tutorial | by Xoán-Xil

1. Rexístrate en SoundCloud

Necesitarás unha ou varias contas de SoundCloud en función do número de gravacións que queras publicar. O servizo esta bastante limitado e soamente podes subir algunhas horas de son por conta.

2. Crea un grupo

PlayerMap mostrará todos os tracks que engadas ao teu grupo de SoundCloud. Deste xeito o proceso de creación do mapa sonoro poderá ser colaborativo, xa que terás a posibilidade de convidar a outras persoas a que participen no proxecto. Ademais, así, poderás engadir todos os sons que queras ao mapa aínda que esgotes o límite dunha conta. Lembra que o moderador do grupo deberá aprobar todas as achegas e que só é posible crear un grupo desde cada conta.

PNG - 77.3 KB
Menú para a creación de grupos en SoundCloud - http://soundcloud.com/groups/new

3. Sube as túas gravacións, engádeas ao grupo e utiliza etiquetas de latitude e lonxitude

Ademais de subir as túas gravacións e engadilas ao grupo de SoundCloud será fundamental introducir a información xeográfica de cada un dos tracks que publiques e para iso deberás utilizar etiquetas ou tags. No formulario para subir son atoparás un campo para engadilas, copia e pega a información xeográfica seguindo este exemplo. Lembra escribir ambas as etiquetas entre comiñas, usar sempre o punto en lugar de coma para separar os decimais e escribir de forma precisa.

"Lat:40.416775", "Lng:-3.703790"
PNG - 109.6 KB
Menú para subir son con etiquetas indicando latitude e lonxitude da grabación - https://soundcloud.com/upload

* Podes obter a latitude e lonxitude de calquera lugar usando a seguinte páxina web - http://www.latlong.net/convert-address-to-lat-long.html

4. Sube PlayerMap ao teu servidor

Despois de engadir algunhas gravacións, cando teñas o grupo listo, descarga todos os arquivos do mashup en Github e súbeos ao teu servidor. Se queres, podes colocalos nun subdirectorio chamado map.

PNG - 89.6 KB
Utiliza un navegador FTP para subir os arquivos ao servidor

5. Edita index.html

Edita o script do documento index.html indicando a URL onde se atopa o teu mapa e a id do teu grupo de SoundCloud. Este é o paso é máis tedioso porque non resulta doado atopar a id do teu grupo.

a) Para atopar a id do teu grupo debes abrir unha URL da API de SoundCloud, composta da seguinte maneira, no teu navegador:

http://api.soundcloud.com/resolve.json?url= + URL do teu grupo + &client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3

O grupo que creamos para facer o mapa de demostración ten a seguinte URL - https://soundcloud.com/groups/my-sound-map -. Para otener o súa id é necesario visitar a seguinte dirección - http://api.soundcloud.com/resolve.json?url=https://soundcloud.com/groups/my-sound-map&client_id=bfaf07dd601c910773c4c6d7550a0df3 -.

b) Ao acceder a dita dirección no navegador, verás toda a información do grupo codificada en JSON, o segundo valor da lista é a id que necesitas.

PNG - 92.3 KB
Procura a id do teu grupo a través da API de SoundCloud

c) Despois de indicar a URL onde se atopa o teu mapa onde pon escribe_aqui_la_url_de_tu_mapa, copia e pega a id do teu grupo onde pon escribe_aqui_la_id.

PNG - 45.7 KB
Indica a URL do teu mapa e a id do teu grupo en index.html

6. Comparte o teu mapa sonoro connosco

Escríbenos e cóntanos a túa experiencia ou comparte o teu mapa feito con PlayerMap!

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English