Como usar Pduino en Raspberri Pi 1 e 2

Interfaces musicais integradas con Raspberry e Pure Data

xoves 30 de xuño do 2016, por Horacio González Diéguez

PNG - 382 KB

Instalación de Raspbian wheezy nunha tarxeta SD

Usaremos unha version de Pd-extended xa compilada e lista para instalar como paquete .deb que unicamente está dispoñible para a versión Wheezy de Raspbian. Polo tanto, para utilizala non poderemos utilizar NOOBS para instalar Raspbian nin seguir as instrucións da guía de primeiros pasos de Rarspberry Pi, xa que de facelo así instalaríamos a versión actual do sistema, chamada Jessie.

No seu lugar imos descargar unha imaxe cunha versión anterior do sistema, Raspian Wheezy, e copiala na nosa tarxeta SD utilizando a utilidade de discos Disks en Ubuntu ou os programas SD Formatter
e RPi-sd card builder en Mac Os.

1. Abre a utilidade de discos Disks en Ubuntu e elimina todas as particións da tarxeta SD ata que so quede espazo baleiro.

2. Descarga cartafol 2015-05-05-raspbian-wheezy.zip e extrae o seu contido. A continuación abre a imaxe 2015-05-05-raspbian-wheezy.img con Disk Image Writer premendo co botón dereito do rato sobre ela.

3. Selecciona a tarxeta SD e comeza o proceso de restauración, deste xeito gravaras a imaxe na tarxeta. Para facelo necesitarás introducir a túa clave de usuario.

4. Ao iniciar a Raspberry coa tarxeta SD por primeira vez, abrirase o menú de configuración do sistema. Incrementa o tamaño do sistema de arquivos para ocupar o espazo completo da tarxeta SD neste menú. A continuación selecciona a opción de arranque con interface gráfica de Raspbian para poder iniciar no modo gráfico e, finalmente, reinicia a placa seleccionando rematar.

PNG - 51.3 KB

Configuración do teclado

Fonte: http://raspberrypi.stackexchange.com/questions/10060/raspbian-keyboard-layout

Ao iniciar por primeira vez a configuración por defecto do teclado estará en inglés e a disposición das teclas non coincidira coas túas. Para corrixir este problema imos editar o arquivo de configuración no terminal substituíndo a disposición inglesa XKBLAYOUT="gb" pola española XKBLAYOUT="es".

1. Introduce os seguintes comandos no terminal para editar a configuración do teclado.

sudo su
nano /etc/default/keyboard

2. A continuación despraza o cursor ata onde pon “gb” e escribe “es” no seu lugar, utiliza ctrl+o e Enter para salvar os cambios e reinicia a Raspberry.

Instalación de Pd-extended

Fonte: https://puredata.info/downloads/pd-extended-0-43-3-on-raspberry-pi-raspbian-wheezy-armhf

A versión de Pure Data dispoñible no repositorio de Raspbian non é a estendida e para utilizar Pduino necesitamos Pd-extended, polo que para instalalo utilizaremos un paquete .deb xa compilado e listo para instalar.

1. Antes de comenzar imos engadir o repositorio deb-src e actualizar apt-get a través do terminal. Introduce os seguintes comandos para editar o listado de fontes de software no terminal.

sudo su
nano /etc/apt/sources.list

2. A continuación despraza o cursor á terceira liña, na que se atopa o repositorio "deb-src", e descoméntaa eliminando o caracter "#". Utiliza ctrl+o e Enter para salvar os cambios.

3. Despois de engadir o repositorio, actualiza apt-get escribindo o seguinte comando no terminal.

apt-get update

4. Descarga o paquete .deb de Pd-extended no escritorio e instálao utilizando os seguintes comandos no terminal.

cd /Desktop
wget https://puredata.info/downloads/pd-extended-0-43-3-on-raspberry-pi-raspbian-wheezy-armhf/releases/1.0/Pd-0.43.3-extended-20121004.deb
dpkg -i Pd-0.43.3-extended-20121004.deb

5. Por último, unha vez instalado Pd-extended será necesario actualizar as dependencias e dar os permisos apropiados á aplicación utilizando os seguintes comandos.

apt-get -f install
chmod 4755 /usr/bin/pd-extended

Instalación de Arduino

Fonte: http://playground.arduino.cc/Linux/Raspbian

Como Arduino IDE está no repositorio de Raspbian bastará utilizar apt-get para instalalo.

1. Introduce os seguintes comandos para instalar Arduino a través do terminal.

sudo su
sudo apt-get install arduino
PNG - 62.7 KB

Uso de adaptadores VGA

Fontes:
https://geekytheory.com/tutorial-raspberry-pi-uso-de-convertidores-hdmi-vga
https://www.raspberrypi.org/documentation/configuration/config-txt.md
https://www.raspberrypi.org/documentation/remote-access/ip-address.md

No caso de non contar cunha pantalla ou proxector HDMI para utilizar a placa Raspberry será necesario empregar un adaptador VGA. Estes adaptadores resultan moi prácticos, pero é fundamental lembrar que as sinais HDMI e VGA son distintas! Deberemos configurar a Raspberry forzándoa a enviar unha sinal VGA adaptada á pantalla que desexemos utilizar a través do porto HDMI. Para isto será necesario editar o arquivo de configuración do sistema ben coa Raspberry conectada a unha pantalla HDMI que pidamos prestada, ben coa Raspberry funcionando sen pantalla, conectándonos a través da rede utilizando o protocolo ssh.

1. Descubre a ip que estea utilizando a Raspberry dende Ubuntu instalando o comando nmap a través de apt-get no terminal e utilizándoo da seguinte maneira.

sudo su
sudo apt-get nmap
nmap -sn 192.168.1.0/24

2. Establece unha conexión coa túa Raspberry utilizando o protocolo ssh, a través do terminal en Ubuntu. Para facelo, despois de escribir o comando ssh necesitarás engadir o nome de usuario da computadora, no caso de Raspbian é “pi”, seguido da letra “@” e do número ip que estea utilizando nese intre a placa, para este exemplo era “192.168.1.105”. Unha vez introducido o comando será necesario escribir o contrasinal do usuario, que no caso de Raspbian por defecto é “raspberry”.

ssh pi@192.168.1.105

3. Unha vez conectado á Raspberry utilizando o protocolo ssh poderás traballar no terminal de Ubuntu como se estiveses traballando no terminal da propia Raspberry. Introduce os seguintes comandos para editar o arquivo de configuración do sistema de Raspbian.

sudo su
nano /boot/config.txt

4. A continuación despraza o cursor ata as liñas nas que se está escrito “hdmi_force_hotplug=1”, “hdmi_group=1”, “hdmi_mode=1”, “hdmi_drive=2”, e descoméntaas eliminando o caracter "#". Existen multitude de combinacións dos valores do grupo “hdmi_group” e o modo “hdmi_mode” que podes utilizar para indicar á placa Raspberry que resolución e frecuencia desexas que utilice (podes consultalas aquí). Para o exemplo utilizouse “hdmi_group=1” e “hdmi_mode=16” o que indica unha resolución de 1080p a 60Hz. Finalmente utiliza ctrl+o e Enter para salvar os cambios e reinicia a Raspberry co adaptador VGA conectado.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English