Obradoiro de interfaces musicais

martes 5 de xullo do 2016, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Obradoiro de interfaces musicais [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, xullo de 2016 [versión de xullo de 2016] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article337

O propósito deste obradoiro foi aproveitar as facilidades que ofrece Pure Data á hora de traballar con Arduino utilizando Pduino para comunicarse coa placa a través do porto se serie e, por outra banda, abordar a posibilidade de establecer dito sistema de comunicación utilizando unha placa Raspberry en lugar dun ordenador, o que permite a creación de proxectos autónomos nos que toda a electrónica estea integrada como instrumentos ou interfaces electrónicas musicais. Aínda que existe unha distribución dun sistema operativo para Raspberry deseñada especificamente para desenvolver este tipo de proxectos chamada Satellite que vos convidamos a probar, no obradoiro utilizamos Raspbian, o sistema operativo oficial de Raspberry e instalamos Arduino IDE e Pure Data a través do terminal. Neste artigo vos achegamos todos os materiais que utilizamos durante o mesmo e as instrucións detalladas acerca de como facer a instalación.

PNG - 382 KB

Materiais e recursos que utilizamos durante o obradoiro

Caixas de Son
Materiais do obradoiro de Arduino con Pduino (Domus)
Materiais do obradoiro Arduino con Pduino (Estalmat)

Como usar Pduino en Raspberri Pi 1 e 2
Como usar Pduino en Raspberri Pi 3