Como usar Pduino en Raspberri Pi 3

Interfaces musicais integradas con Raspberry e Pure Data

Martes 5 de julio de 2016, por Horacio González Diéguez

PNG - 382 KB

Instalación de Raspbian Jessie

Raspberry Pi 3 só funciona con Raspbian Jessie polo que utilizaremos NOOBS para instalar Raspbian seguindoas instrucións da guía de primeiros pasos de Rarspberry Pi

Configuración do teclado

Na versión jessie de Raspbian as preferencias de teclado e rato funcionan correctamente. Basta desprazarse ata “Menu/Preferences/Mouse and Keyboard Settings” para abrir dito menú e cambiar a configuración do teclado.

Version reducida de Pduino compatible con Puredata (Vanilla)

Fonte: https://www.raspberrypi.org/forums/viewtopic.php?f=28&t=142307
Existe unha versión reducida de Pduino que require menos librerías externas, de xeito que resulte mais doado utilizala con Pude Data (Vanilla). No caso de traballar coa versión Jessie de Raspbian será necesario utilizar esta versión de Pduino xa que aínda non está dispoñible Pd-Extended para Jessie.
Pduino-reduzent

Instalación de Puredata (Vanilla) e das librerías necesarias

sudo apt-get update
sudo apt-get install puredata
sudo apt-get install pd-comport pd-pdstring

Instalación de Arduino

Fonte: http://playground.arduino.cc/Linux/Raspbian

Como Arduino IDE está no repositorio de Raspbian bastará utilizar apt-get para instalalo.

1. Introduce os seguintes comandos para instalar Arduino a través do terminal.

sudo su
sudo apt-get install arduino
PNG - 62.7 KB

Uso de adaptadores VGA

Fontes:
https://geekytheory.com/tutorial-raspberry-pi-uso-de-convertidores-hdmi-vga
https://www.raspberrypi.org/documentation/configuration/config-txt.md
https://www.raspberrypi.org/documentation/remote-access/ip-address.md

No caso de non contar cunha pantalla ou proxector HDMI para utilizar a placa Raspberry será necesario empregar un adaptador VGA. Estes adaptadores resultan moi prácticos, pero é fundamental lembrar que as sinais HDMI e VGA son distintas! Deberemos configurar a Raspberry forzándoa a enviar unha sinal VGA adaptada á pantalla que desexemos utilizar a través do porto HDMI. Para isto será necesario editar o arquivo de configuración do sistema ben coa Raspberry conectada a unha pantalla HDMI que pidamos prestada, ben coa Raspberry funcionando sen pantalla, conectándonos a través da rede utilizando o protocolo ssh.

1. Descubre a ip que estea utilizando a Raspberry dende Ubuntu instalando o comando nmap a través de apt-get no terminal e utilizándoo da seguinte maneira.

sudo su
sudo apt-get nmap
nmap -sn 192.168.1.0/24

2. Establece unha conexión coa túa Raspberry utilizando o protocolo ssh, a través do terminal en Ubuntu. Para facelo, despois de escribir o comando ssh necesitarás engadir o nome de usuario da computadora, no caso de Raspbian é “pi”, seguido da letra “@” e do número ip que estea utilizando nese intre a placa, para este exemplo era “192.168.1.105”. Unha vez introducido o comando será necesario escribir o contrasinal do usuario, que no caso de Raspbian por defecto é “raspberry”.

ssh pi@192.168.1.105

3. Unha vez conectado á Raspberry utilizando o protocolo ssh poderás traballar no terminal de Ubuntu como se estiveses traballando no terminal da propia Raspberry. Introduce os seguintes comandos para editar o arquivo de configuración do sistema de Raspbian.

sudo su
nano /boot/config.txt

4. A continuación despraza o cursor ata as liñas nas que se está escrito “hdmi_force_hotplug=1”, “hdmi_group=1”, “hdmi_mode=1”, “hdmi_drive=2”, e descoméntaas eliminando o caracter "#". Existen multitude de combinacións dos valores do grupo “hdmi_group” e o modo “hdmi_mode” que podes utilizar para indicar á placa Raspberry que resolución e frecuencia desexas que utilice (podes consultalas aquí). Para o exemplo utilizouse “hdmi_group=1” e “hdmi_mode=16” o que indica unha resolución de 1080p a 60Hz. Finalmente utiliza ctrl+o e Enter para salvar os cambios e reinicia a Raspberry co adaptador VGA conectado.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego