Reproducción da cor
4º ESO
Reproducción da cor
1. Crea unha imaxe de 4x4 pixels en Gimp.
2. Seleccionando coa ferramenta de selección rectangular e pintando co cubo de pintura, elabora unha composición de cores procurando atopar contrastes tonais, de saturación ou de luminosidade.
3. Unha vez terminada a composición, cambia o modo de cor da imaxe, transformándoa nunha imaxe indexada de 16 cores. Como a composición terá exactamente 16 cores non notaras ningunha diferencia, pero ao transformar a imaxe en lugar de estar traballando nun espazo de cor RGB con aproximadamente 16.000.000 de cores, estarás traballando nun espazo limitado ás 16 cores da composición.
4. Escolle unha imaxe fotográfica que creas que pode funcionar na paleta de cores da composición e cambia o seu tamaño en pixels polo tamaño exacto da imaxe que escolleras.
5. Abre a imaxe fotográfica en Gimp, selecciona a súa totalidade para copiala e pega o seu contido na imaxe indexada.