Estratexias metodolóxicas de Debuxo Técnico e Xeometría Dinámica

sábado 4 de novembro do 2017, por Horacio González Diéguez

Pautas de traballo para 1º da ESO

  • Fomentar o traballo autónomo traballando con material de consulta como vídeos de internet, libros, apuntes, etc.
  • Dar prioridade ao trazado e ao desenvolvemento das habilidades manuais. É mais importante o traballo co material de debuxo que á memorización de trazados.
  • Utilizar o debuxo técnico como unha ferramenta fundamental na elaboración de pequenos proxectos integrando o debuxo de precisión en propostas creativas.
  • Transmitir a xeometría como parte esencial do debuxo analizando a estrutura xeométrica interna de obxectos e imaxes para aproveitala á hora de encaixar e esbozar.

Propostas de traballo para 1º da ESO

Papiroflexia

JPEG - 267.3 KB

Descargar Selección de poliedros regulares do libro Papiroflexia ‹‹Origami›› para expertos en formato PDF (4.4 MB)

Copyright

Bibliografía sobre papiroflexia

  • Nick Rovinson, Enciclopedia de Origami, Ed. Acanto, Barcelona, España, 2005. [ISBN 84-95376-62-8]
  • Kunihiko Kashaara y Toshie Takahana, Papiroflexia ‹‹Origami›› para expertos, Ediciones EDAF, Madrid, 2007. [ISBN 978-84-414-0686-5]
  • MICHAEL G. LaFosse, Crear y jugar con papiroflexia, Ediciones Tutor, Madrid, 2006. [ISBN 84-7902-549-2]
  • Julián González García-Gutiérrez, Como hacer figuras de papel, Hermann Blume Ediciones, Madrid, 1991. [ISBN 84-87756-11-5]
  • Sonja Commentz, Papercraft: Design and Art with Paper, Ed. Gestalten, Berlin, 2009. [ISBN 978-3-89955-251-5]
  • Paul Jackson, Folding techniques for designers from sheet to form, Laurence King Publishing LTD, Londres, Inglaterra, 2011. [ISBN 978-1-85669-721-7]

Xeometría plana, e espirais sinxelas

Descargar Caderno para a elaboración de algúns polígonos regulares en 1º da ESO de Horacio González Diéguez en formato PDF (2.7 MB)

CC by-nc-sa

Construcción de algúns polígonos regulares co xogo de escadros e o compás

PNG - 334.7 KB

Introcucción á xeometría dinámica e o programa Geogebra
- http://www.vhplab.net/spip.php?rubrique39

Recursos para traballar con Xeometría Plana

Pautas de traballo para 3º da ESO

A capacidade de abstracción espacial desenvólvese entre 2º e 3º polo que ata este curso non son realmente capaces de abordar de xeito comprensivo os sistemas de representación. Neste curso é habitual ter que corrixir errores e malos hábitos adquiridos na materia de tecnoloxía en 2º.

  • Fomentar o desenvolvemento da capacidade de abstracción espacial integrando un gran número de propostas que obriguen exercitar o pensamento xeométrico, e a visión espacial como transformacións xeométricas como xiros ou simetrías, desenvolvemento de figuras, traballo con coordenadas, etc.
  • Utilizar o debuxo técnico como unha ferramenta de precisión e de transmisión da información facendo que o alumnado intercambie planos e deseños para experimentar a importancia da claridade e da normalización, traballe en propostas que exixan certo grao de precisión para funcionar, e faga cambios de escala.
  • Traballar con sistemas de representación como as axonometrías.
  • Aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxías para o debuxo introducindo propostas nas que unha parte do proceso desenvólvase con programas de debuxo ou de CAD.

Propostas de traballo para 3º da ESO

Pautas de traballo para 4º da ESO

A Materia de 4º da ESO é unha materia optativa na que atoparemos dous perfís de alumnado persoas que desexan estudar carreiras técnicas (Arquitectura ou Enxeñería) ou persoas desexan estudar carreiras artísticas (Belas Artes, Ciclos de Deseño, Gráficos ou de Fotografía). En función da composición da clase resulta interesante reorientar a programación do curso.

  • Introducir a perspectiva cónica para traballar con todos os sistemas de representación ao longo da ESO.
  • Poñer en relación a fotografía, as cámaras escuras e lúcidas coa perspectiva.
  • Desenvolver a capacidade de lectura, interpretación e reprodución autónoma de construcións a partir de libros ou artigos de internet.

Pautas de traballo para BACHARELATO

A materia de Debuxo Técnico de Bacharelato está moi condicionada polos exames de ingreso á universidade. Normalmente abordase de xeito tradicional seguindo un libro e elaborando multitude de construcións con regra e compás.

  • Introducir a xeometría dinámica para o estudo de casos e o análise de teoremas.
  • Desenvolver proxectos nos que sexa necesaria a aplicación dos contidos do curso.

Propostas de traballo para BACHARELATO

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English