Introdución a OpenSCAD
Imos partir deste esbozo para crear un módulo que debuxe cubos.
// Creación do módulo para debuxar cubos
module cubo(){
// Definición do poliedro
polyhedron(
// listado de puntos do poliedro
points=[
[0,0,0],
[1,0,0],
[1,1,0],
[0,1,0],
],
// Listado de caras do poliedro
faces = [
[0, 1, 2, 3],
]
);
}
cubo();
Engade os 4 puntos e as 5 caras que faltan para debuxar un cubo de lado 1.
Lembra que ao definir as caras do poliedro deberás facer referencia aos puntos mediante números do 0 ao 7.
Podes utilizar a seguinte animación para atopara as coordenadas dos puntos do cubo.

A continuación imos introducir un parámetro no módulo para poder facer cubos de distintos tamaños. Escribe l=1 no paréntese despois de cubo e substitúe 1 por l na definición dos puntos do poliedro.
Do mesmo xeito que utilizamos un parámetro para cambiar o tamaño do cubo, podemos engadir tres novos parámetros, x, y e z, para poder colocar o cubo en calquera lugar do espazo.
Utiliza o módulo que debuxa cubos para construír as seguintes pezas.
Algúns recursos para traballar con OpenSCAD: