Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de León
Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.
- Documento base para debuxar o rosetón da Catedral de León
- Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

O rosetón da Catedral de León está composto por 24 sectores exteriores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores exteriores comeza con un arco de circunferencia tanxente aos raios da circunferencia.


A continuación cada sector exterior conten unha figura oxival que ten a base en forma de arco concéntrico con respecto ao primeiro arco.


A zona interior do rosetón está composta por 12 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada dous sectores exteriores converxen nun único sector interior que conten unha figura oxival similar á primeira, co vértice cara ao exterior e o centro da base no centro da circunferencia principal.

Unha figura en forma de rombo curvado decora os 12 ocos que quedan entre as figuras oxivais dos sectores exteriores e os sectores interiores.


Finalmente, o centro do rosetón está ocupado por unha circunferencia.