Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de Oviedo
Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.
- Documento base para debuxar o rosetón da Catedral de Oviedo
- Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

O rosetón da Catedral de Oviedo non está composto de sectores radiais que dividen a circunferencia en partes iguais. Está construído a partir de 2 grupos de 4 circunferencias tanxentes entre si e, a súa vez, tanxentes a circunferencia principal.


O segundo grupo de 4 circunferencias tanxentes entre si está rotado 45 graos con respecto ao primeiro.


A intersección de cada par de circunferencias, do primeiro e o segundo grupo, conten dúas figuras decorativas curvadas. Este deseño está construído a partir de dúas circunferencias que pasan polos puntos de intersección das circunferencias orixinais e que son tanxentes entre si.


As figuras decorativas da parte exterior do rosetón están contidas na intersección de cada unha das 8 circunferencias que compoñen o rosetón con outra circunferencia do mesmo raio que é tanxente ás dúas circunferencias contiguas.


O deseño decorativo da parte exterior do rosetón é o mesmo que o da parte interior, simplemente diminúe o tamaño das figuras xa que a superficie de intersección das circunferencias interiores e exteriores é mais pequena.

Na zona exterior, unha figura en forma de triángulo equilátero curvado decora os 8 ocos que quedan entre cada tres circunferencias, dúas interiores e unha exterior.


Na zona interior, unha figura en forma de triángulo isóscele curvado decora os 8 ocos que quedan entre cada tres circunferencias interiores.


Finalmente, o centro do rosetón está ocupado por unha circunferencia.