Estudo xeométrico do rosetón do Mosteiro de Armenteira
Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.
- Documento base para debuxar o rosetón do Mosteiro de Armenteira
- Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

O rosetón do Mosteiro de Armenteira está composto por 16 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores comeza con unha figura decorativa en forma de rosa deseñada a partir de 5 circunferencias secantes.


A continuación cada sector conten outra figura decorativa en forma de rosa, esta vez deseñada a partir de 6 circunferencias tanxentes.


Antes de chegar a xeometría central do rosetón, cada sector conten dous elementos decorativos na súa parte interior. O primeiro é unha figura ovalada deseñada a partir de catro circunferencias secantes e o segundo unha circunferencia.


Finalmente, a xeometría central do rosetón, é unha figura en forma de flor deseñada a partir de 8 circunferencias pequenas que son case tanxentes a unha circunferencia central, pero que a cortan lixeiramente.
