Estudo xeométrico do rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño
Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.
- Documento base para debuxar o rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño
- Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

O rosetón da Igrexa de Nogueira de Miño está composto por 4 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores contén unha circunferencia tanxente á circunferencia principal do rosetón.

Unha circunferencia concéntrica á circunferencia principal define o grosor da parte exterior do rosetón e 4 circunferencias concéntricas as circunferencias tanxentes, que son tanxentes a circunferencia anterior, definen o grosor dos elementos decorativos.


Finalmente, unha circunferencia concéntrica á circunferencia principal tanxente as 4 circunferencias anteriores define a zona central do rosetón.

Unha figura decorativa con forma de estrela de puntas redondeadas ocupa o centro do rosetón. Esta figura está deseñada a partir de 16 circunferencias tanxentes a unha circunferencia e, a súa vez, tanxentes entre si.
