1.
Traza un segmento calquera non moi grande, nunha esquina da pantalla.
2.
Traza unha circunferencia calquera no medio da pantalla, o mellor é que non sexa nin moi grande nin moi pequena.
3.
Mediante o compás leva a medida do segmento á circunferencia.
4.
Agora debuxa unha circunferencia co seu centro no extremo da que acabas de debuxar mediante o compás, e o seu radio ata o centro. Unha vez estea trazada, debuxa unha nova circunferencia que teña de novo centro no extremo da anterior e radio ata o centro da anterior. Procede da mesma maneira ata trazar a lo menos 10 circunferencias.
5.
Coa a ferramenta segmento, debuxa os 9 triángulos equiláteros formados polos centros das circunferencias contiguas e a súas interseccións no interior da circunferencia grande.
* Para facelo con maior rapidez podes empezar trazando o primeiro segmento dende o centro da última circunferencia ata a súa intersección coa seguinte circunferencia. Pulsando duas veces (doble clik) poderas trazar o segundo segmento a partir do extremo do anterior e seleccionar como extremo o centro da segunda cirunferencia. Pulsando de novo duas veces poderás continuar trazando o segmento dende o centro desa circunferencia ata a seguinte intersección e así sucesivamente ata chegar a primeira circunferencia. Para rematar simplemente debes facer o camiño de volta procedendo do mesmo xeito e unindo directamente os centros das circunferencias contiguas entre si.
6.
Oculta as circunferencias contiguas e todos os vértices dos triángulos equiláteros.
xeometria_dinamica.fig
Applet creado con CabriJava
7.
Manipula o segmento inicial tirando do punto de un dos seu extremos.