Prize Hunter

http://www.vhplab.net/PrizeHunter/index.html

xoves 1 de decembro do 2005, por Horacio González Diéguez

Todas as versións deste artigo : [English] [Español] [galego]

Prize Hunter é un videoxogo seleccionado na 4ª edición do Certamen de Novos Artistas, Auditorio de Galicia no ano 2005, que aproveita a linguaxe e a estética dos novos medios para facer unha crítica mordaz ao sistema de concursos e premios de novos valores de Galicia. O enorme interese e expectación que xeneran na actualidade todos aqueles proxectos relacionados cos novos medios e a interactividade, facilitan que os xurados acepten propostas, como videoxogos, aplicacións para moviles, ou instalacións interactivas, que no valoran, no comprenden, ou nin sequera chegan a ver. Prize Hunter é un exemplo de como a critica mais violenta, feroz e descarada pode pasar desapercibida disfrazada de inofensivo caramelo; un goloso xoguete para librarse dunha vez por todas dos indeseables membros do xurado.


2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
Español I English