[Índice]

Relacións xeométricas aparentes

Uso da tecla maiúscula e da ferramenta recta paralela

mércores 9 de xullo do 2008, por Horacio González Diéguez


1. Pulsando a tecla maiúsculas traza unha semirrecta horizontal. Observa como ao manter pulsada dita tecla, Cabri facilítache debuxar semirrectas a intervalos exactos de 15 graos.

Maiuscula
Traza unha semirrecta horizontal

2. Coa axuda da tecla maiúsculas debuxa unha segunda semirrecta que teña a mesma orixe e forme un ángulo de 45 graos coa primeira.

Semirrecta aun ángulo de 45 graos 01 Maiuscula Semirrecta aun ángulo de 45 graos 02

3. Agora traza, tamén coa axuda da tecla maiúsculas, dez semirrectas paralelas á segunda que teñan a súa orixe ao longo da primeira semirrecta.

Maiuscula
Dez semirrectas paralelas 01

4. Manipula as semirrectas que forma 45 graos coa horizontal tirando do seus extremos e observa como se comportan as súas paralelas.


A tecla maiúsculas non establece relacións xeométricas entre distintos elementos. Aparentemente resulta moi util cando desexamos que un segmento, unha recta ou unha semirecta teñan unha determimada inclinación, pero esta tecla, o único que fai é forzar unha determinada posición/inclinación inicial.
A tecla non fixa relacións xeometricas e polo tanto, se movemos un elemento do debuxo, todos aqueles elementos paralelos ou perpendiculares que foran debuxados coa tecla maiúsculas deixaran de selo.

semirrectas.fig
Applet creado con CabriJava

Cando se establece unha relación xeométrica en Cabri esta é permanente. Se debuxamos unha recta permendicular a outra, cando movamos a primeira recta a perpendicular debería moverse arrastrada pola primeira. Este precisamente é o principio da Xeometría Dinámica, en definitiva, o que posibilita realizar animacións con Cabri.

perpendicular.fig
Applet creado con CabriJava

Se a contrucción estivera feita de xeito correcto, utilizando a ferramenta "recta paralela", ao mover a segunda semirrecta, todas as paralelas deberían moverse. Utiliza esta ferramenta para volver a realizar a construcción e observa como se comportan.


5. Nun novo documento traza a primeira semirrecta horizontal pulsando a tecla maiúsculas.

Maiuscula
Traza unha semirrecta horizontal

6. Debuxa a segunda semirrecta coa mesma orixe, pero esta vez cunha inclinación calquera.

Semirrecta aun ángulo de 45 graos 01 Semirrecta aun ángulo de 45 graos 02

7. Utiliza a ferramenta "recta paralela" para trazar 9 rectas paralelas á segunda semirrecta que teñan a súa orixe ao longo da primeira semirrecta.

Dez semirrectas paralelas 02

8. Manipula a segunda semirrecta tirando do seu extremo e observa como se comportan as rectas paralelas.



2015 VHPLab.
Español I English