[Índice]

Representar números.

mércores 9 de xullo do 2008, por Horacio González Diéguez


Eixos de coordenadas

1. Desoculta os eixos de coordenadas.

2. Escribe nunha caixa de texto a ecuación que imos representar Y = sen n x.

Ecuación nunha caixa de texto

3. Noutras tres caixas de texto escribe "Y =", "X =" e "n =" para indicar o espacio onde situar os valores numéricos das tres incógnitas.

Caixas de texto 01

4. Asigna un número calquera a n.

Asigna un número

* Para unha persona, resulta irrelevante a diferencia entre un número como valor numérico e como símbolo gráfico porque cando ve un número esquecese da súa representación gráfica e a asocia directamente cun valor numérico. Nembargantes, esta diferencia é trascendental cando traballamos con ordenadores porque se escribimos o simbolo "2" en calquera editor de texto, o noso ordenador o interpretará como unha letra mais do alfabeto e polo tanto non asociará ningún valor numérico. Para interpretalo como un número e darlle o seu valor correspondente o orndenador necesita saber que é un número, por isto cando asignemos valores numéricos en Cabri será necesario acudir a edición numérica e non escribilos directamente en caixas de texto.

Caixas de texto 02

5. Debuxa un punto sobre o eixo x e nomeao X, a súa coordenada x será o valor variable da incógnita X.

Punto sobre o eixo

6. Desoculta as coordenadas do punto e sitúaas ao lado da caixa de texto "X =".

Coordenadas do punto 01
Coordenadas do punto 02

7. Utiliza a calculadora para obter o valor de Y dados os actuais valores de n e X e arrastralo ao lado da caixa de testo "Y =". Como a funcion é Y = sen n x , simplemente tes que calcular o seno do número que asignaches a n elevado á coordenada x do punto X.

Calculadora

8. Transfire o resultado da operacion Y ata o eixo y.

Transfire o resultado 01 Transfire o resultado 02

9. Traza unha perpendicular ao eixo y polo punto resultante da transferencia e unha perpendicular ao eixo x polo punto X.

Traza unha perpendicular

10. Debuxa un punto sobre a intersección das rectas perpendiculares.

Punto sobre a intersección

11. Calcula o Lugar Xeométrico da intersección das perpeniculares respecto do punto X.



2015 VHPLab.
Español I English