[Índice]

Polígono regular

mércores 9 de xullo do 2008, por Horacio González Diéguez


Para trazar polígonos regulares: Podes utilizar a ferramenta "polígono regular" que ofrece Cabri Geometre. Esta ferramenta permite debuxar directamente poligonos regulares e polígonos estrelados inscritos en circunferencias sen necesidade de ningunha construcción auxiliar.

Pulsa no terceiro menú e selecciona "Polígono regular" na última fila, despois pulsa na pantalla unha primeira vez para seleccionar o centro da circunferencia na que se inscribirá o polígono e pulsa unha segunda vez para establecer o raio da circunferencia. Cando apareza a circunferencia verás un polígono inscrito parpadeando e un número que indica os lados que ten o poligono, no centro da circunferencia. Nese intre, xirando o cursor ó redor da circunferencia no sentido das agullas do reloj formarás polígonos regulares de entre 30 e 3 lados e xirando no sentido contrario, formarás polígonos estrelados. Cando vexas o polígono que queras debuxar pulsa unha útima vez na pantalla.



2015 VHPLab.
Español I English