Para amosar a distancia etre dous puntos ou a lonxitude dun segmento: Pulsa no noveno menú e selecciona "Distancia o longitud" na primeira fila. Se queres calcular a lonxitude dun segmento da pantalla, simplemente acerca o cursor ao segmento e cando Cabri faga a indicación "Longitud de este segmento" pulsa unha vez no mesmo. Cabri escribirá un número co valor da lonxitude no lugar onde estea situado o cursor. Se polo contrario queres calcular a distancia entre dous puntos calesquera, primeiro pulsa nun dos puntos e a continuación pulsa no outro.