Modelos para facer caixas
O estudo dos desenvolvementos de caixas é unha proposta didáctica que levo desenvolvendo con alumnado de 3º da ESO dende hai anos e que podedes ver aquí. Trátase dun traballo moi completo que permite abordar, dun xeito motivador, cuestións como a visión espacial, o desenvolvemento de poliedros, a elaboración de planos complexos, ou uso de cotas e liñas de distintas clases.
Con todo, había unha serie aspectos da proposta que resultaban pouco satisfactorios e, recentemente, decidín cambiar o xeito en que levo a cabo este traballo. En primeiro lugar, ao longo dos anos fun comprobando que moitos dos deseños do libro The packaging and design templates sourcebook, que utilizo para obter os modelos da primeira caixa que fan os alumnos e alumnas, están tarados e teñen pequenos fallos ou omisións. En segundo lugar as impresións destes modelos en cartolina son bastante caras e o alumnado no o valora. En xeral, tenden a facer a caixa (...)