Serendipia

sábado 31 de marzo do 2012, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Serendipia [online]. http://www.serendipia.notours.org/. Santiago de Compostela, España, VHPlab, marzo de 2012 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article172

Serendipia é unha narrativa sonora xeolocalizada no cemiterio civil de Ceares de Xixón, creada pola artista Helena Torres. Tratase dun relato fragmentado e gravado en distintas pistas sonoras localizadas no Sucu que propón a resolución dun crimen acontecido en Xixón a finais do século XIX.

Serendipia é una obra producida a través dunha residencia artística en LABoral Centro de arte y creación industrial e presentada no marco do seu quinto aniversario, tras ser seleccionada no programa Narrativas espaciales. Utiliza a plataforma de creación de paseos sonoros para dispositivos móviles Android, noTours, desenvolvida por Escoitar.org dende xaneiro de 2009 e aberta para o uso público en xaneiro de 2012.