Xornadas de creación e investigación Illa de San Simón

xoves 21 de xuño do 2012, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Xornadas de creación e investigación Illa de San Simón [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, xuño de 2012 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article176

Como parte do programa das Xornadas de creación e investigación Illa de San Simón, os dias 21 e 22 de xuño, fomos invitados a organizar dous obradoiros de arte e tecnoloxía dirixidos ao alumnado dos distintos mestrados que se imparten na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Baixo a temática DIY Tecnoloxías accesibles/transparentes para investigadores e artistas, programamos un obradoiro de iniciación á electrónica do son impartido por Paula Pin Lage e outro sobre softcircuits e pintura termocromática impartido por Paola Guimeráns.

Como complemento aos obradoiros e no contexto das xornadas académicas do dia 23 de xuño, organizamos tamén, unha pequena mesa redonda para presentar o traballo das dúas artistas, na que ademais participaron Horacio González, que presentou o proxecto europeo no que está participando Escoitar, European Acoustic Heritage, e Xoan Xil como moderador.

Xornadas de creación e investigación Illa de San Simón at flickr

No obradoiro Circuítos sonoros; iniciación á electrónica do son abordouse a construción dun micrófono de contacto ou piezoeléctrico, duns micrófonos binaurais autoalimentados feitos con cápsulas electret e dun sintetizador de audio. A continuación podedes atopar algunhas referencias e tiroriais web sobre a tecnoloxía utilizada e o traballo desenvolvido durante as dúas xornadas de traballo.

Outros sintetizadores

No obradoiro SoftCircuits; pintura termocromática adicouse unha primeira xornada á realización de circuítos sinxelos para acender e apagar leds e á experimentación con materiais que se utilizan no contorno da Wearable Technology (fios e telas conductoras, cinta de cobre, pintura semirresistiva, etc.). Pola contra a segunda xornada do obradoiro adicouse a traballar en pequenos proxectos artísticos que utilizaban tinta termocromática activada por medio dun circuíto electrónico. Tamén podedes atopar referencias sobre este obradoiro a continuación.

+ INFO das xornadas: DUVI, Diario Atlántico.