Estratexias metodolóxicas de Debuxo Técnico e Xeometría Dinámica

sábado 4 de novembro do 2017, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Estratexias metodolóxicas de Debuxo Técnico e Xeometría Dinámica [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, novembro de 2017 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article356
Na sesión que imparto todos os cursos sobre estratexias metodolóxicas no Mestrado de Educación da Universidade de Vigo, adoito facer un percorrido polos cursos de 1º, 3º e 4º da ESO revisando traballos do alumnado. Este percorrido nos permite falar das diferentes orientacións que se pode dar a cada curso, comprobar a evolución do alumnado segundo a súa idade e debater sobre distintos xeitos de introducir a Xeometría e o Debuxo Técnico no currículo, como ferramenta creativa integrada no proceso do desenvolvemento de procesos artísticos.

Esta é unha selección con algunhas das actividades e recursos educativos que comparto co alumnado ao longo da sesión. Pouco a pouco, cada curso vou incorporando mais, xa que lamentablemente non as teño todas documentadas na rede.

Pautas de traballo para 1º da ESO

Propostas de traballo para 1º da ESO

Papiroflexia

JPEG - 267.3 KB

Descargar Selección de poliedros regulares do libro Papiroflexia ‹‹Origami›› para expertos en formato PDF (4.4 MB)

Copyright

Bibliografía sobre papiroflexia

Xeometría plana, e espirais sinxelas

Descargar Caderno para a elaboración de algúns polígonos regulares en 1º da ESO de Horacio González Diéguez en formato PDF (2.7 MB)

CC by-nc-sa

Construcción de algúns polígonos regulares co xogo de escadros e o compás

PNG - 334.7 KB

Introcucción á xeometría dinámica e o programa Geogebra
- http://www.vhplab.net/spip.php?rubrique39

Recursos para traballar con Xeometría Plana

Pautas de traballo para 3º da ESO

A capacidade de abstracción espacial desenvólvese entre 2º e 3º polo que ata este curso non son realmente capaces de abordar de xeito comprensivo os sistemas de representación. Neste curso é habitual ter que corrixir errores e malos hábitos adquiridos na materia de tecnoloxía en 2º.

Propostas de traballo para 3º da ESO

Pautas de traballo para 4º da ESO

A Materia de 4º da ESO é unha materia optativa na que atoparemos dous perfís de alumnado persoas que desexan estudar carreiras técnicas (Arquitectura ou Enxeñería) ou persoas desexan estudar carreiras artísticas (Belas Artes, Ciclos de Deseño, Gráficos ou de Fotografía). En función da composición da clase resulta interesante reorientar a programación do curso.

Pautas de traballo para BACHARELATO

A materia de Debuxo Técnico de Bacharelato está moi condicionada polos exames de ingreso á universidade. Normalmente abordase de xeito tradicional seguindo un libro e elaborando multitude de construcións con regra e compás.

Propostas de traballo para BACHARELATO