Proxectos de deseño dunha casa utópica de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato

domingo 5 de novembro do 2017, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Proxectos de deseño dunha casa utópica de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, novembro de 2017 [versión de xullo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article358

Durante o curso 2004-2005, o primeiro como profesor de Educación Secundaria, traballei no Instituto Xelmirez I e, entre outras materias, impartín clases de Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato. Das catro horas semanais que tiña a materia, adicábamos dúas sesións ao desenvolvemento do temario do libro de Rodeira de Debuxo Técnico I, unha sesión á realización das construcións xeométricas do temario con Xeometría Dinámica no programa Cabri Geometre II e, finalmente, unha sesión ao desenvolvemento dun pequeno proxecto persoal do alumnado.

Inspirada nunha exposición sobre visións utópicas na arquitectura que vira, un ano antes, na Fundación Serralves, a proposta de traballo foi o deseño dunha casa imaxinaria, idílica ou futurista por parte de cada un dos alumnos e alumnas da clase. A idea era presentar o deseño nun debuxo que combinase unha perspectiva e un plano, utilizando como referente algunhas das imaxes da exposición que proxectei na clase. Ao longo do curso fun levando á clase referentes, como textos e imaxes sobre arquitectura ou vivenda e o alumnado foi elaborando esbozos das súas ideas, ata acabar debuxando o seu deseño para unha casa nun papel A3.

Aínda que nunca chegamos a rematar por completo os debuxos, foi unha actividade moi motivadora para o alumnado, que en moitas ocasións servía como motor de aprendizaxe obrigando a poñer en práctica trazados e cálculos de Debuxo Técnico e Xeometría Descriptiva que formaba parte do programa ou, incluso, ían mais alá do mesmo. Aquí vos achego os resultados daquela experiencia xunto con algúns dos referentes que usamos para desenvolvela.

Envisioning Architecture: An Analysis of Drawing

Bibliografía