Obxectivos da materia de Educación Plástica e Visual na ESO

Domingo 10 de marzo de 2019, por Horacio González Diéguez

  • Identificar os elementos configuradores da imaxe.
  • Expresar emocións utilizando distintos elementos configurativos e recursos gráficos: liña, punto,cores, texturas, claroscuros, etc.
  • Identificar e aplicar os conceptos de equilibrio, proporción e ritmo en composicións básicas.
  • Identificar e diferenciar as propiedades do cor luz e cor pigmento.
  • Diferenciar distintas texturas: naturais, artificiais, táctiles e visuais valorando a súa capacidade expresiva.
  • Coñecer e aplicar os métodos creativos gráfico-plásticos aplicados aos procesos das artes plásticas e o deseño
  • Crear composicións gráfico-plásticas persoais e colectivas.
  • Coñecer e aplicar as posibilidades expresivas das técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas.
  • Identificar os elementos e factores que interveñen no proceso de percepción de imaxes.
  • Coñecer as leis visuais de Gestalt que posibilitan as ilusións ópticas e aplicalas en colaboración de obras propias.
  • Distinguir e crear diferentes tipos de imaxes según a súa relación significante- significado: símbolos e iconas.
  • Analizar e realizar fotografías comprendendo y aplicando os seus fundamentos. Analizar e realizar banda deseñada aplicando os recursos de maneira apropiada.
  • Coñecer os fundamentos da imaxe en movemento, explorar a súas posibilidades expresivas.
  • Identificar e recoñecer as diferentes linguaxes visuais apreciando os distintos estilos e tendencias, valorando, respectando e gozando do patrimonio histórico e cultural.
  • Comprender os fundamentos da linguaxe multimedia, valorar as achegas das tecnoloxías dixitais e ser capaz de elaborar documentos mediante esta linguaxe.
  • Comprender e empregar os conceptos espaciais do punto, liña e plano.
  • Coñecer con fluidez os conceptos de circunferencia, círculo e arco.
  • Utilizar o compás realizando exercicios variados, e usando ferramentas de forma fluída.
  • Comprender os conceptos de ángulo e bisectriz, e a clasificación de ángulos. Trazar a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra, e tamén utilizando regra, escuadra e cartabón.
  • Estudar as aplicación do teorema de Thales.
  • Coñecer os lugares xeométricos e definilos.
  • Comprender a clasificación dos triángulos en función dos seus lados e dos seus ángulos.
  • Coñecer as propiedades xeométricas e matemáticas dos triángulos rectángulos. Executar as construción mais habituais de paralelogramos.
  • Clasificar os polígonos en función dos seus lados, recoñecendo os regulares e os irregulares.
  • Comprender as condicións dos centros e das rectas tanxentes en distintos casos de tanxentes e enlaces.
  • Comprender a construción do óvalo e do ovoide básicos, aplicando as propiedades das tanxencias entre circunferencias.
  • Estudar os conceptos de simetría, xiro e traslación, aplicándoos no deseño de composicións con módulos.
  • Comprender o concepto de proxección aplicando ao debuxo de vistas de obxectos, entendendo a utilidade das acoutacións e practicando sobre as tres vistas de obxectos sinxelos partindo do análise das súas vistas principais.
  • Comprender e practicar os procedementos da perspectiva cabaleira aplicada aos volumes elementais.
  • Comprender e practicar os procesos de construción de perspectivas isométricas de volumes sinxelos.
2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego