Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de León

Sábado 27 de abril de 2019, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de León [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, abril de 2019 [versión de mayo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article388

Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.

Documento base para debuxar o rosetón da Catedral de León
Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

PNG - 439.4 KB

O rosetón da Catedral de León está composto por 24 sectores exteriores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores exteriores comeza con un arco de circunferencia tanxente aos raios da circunferencia.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Catedral de León de Horacio González Diéguez en formato Zip (1.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 474.5 KB

A continuación cada sector exterior conten unha figura oxival que ten a base en forma de arco concéntrico con respecto ao primeiro arco.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (2.2 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 487.2 KB

A zona interior do rosetón está composta por 12 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada dous sectores exteriores converxen nun único sector interior que conten unha figura oxival similar á primeira, co vértice cara ao exterior e o centro da base no centro da circunferencia principal.

PNG - 429.4 KB

Unha figura en forma de rombo curvado decora os 12 ocos que quedan entre as figuras oxivais dos sectores exteriores e os sectores interiores.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 03 da Catedral de León de Horacio González Diéguez en formato Zip (1.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 421.9 KB

Finalmente, o centro do rosetón está ocupado por unha circunferencia.