Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de Oviedo

Domingo 28 de abril de 2019, por Horacio González Diéguez

Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.

Documento base para debuxar o rosetón da Catedral de Oviedo
Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

PNG - 385.6 KB

O rosetón da Catedral de Oviedo non está composto de sectores radiais que dividen a circunferencia en partes iguais. Está construído a partir de 2 grupos de 4 circunferencias tanxentes entre si e, a súa vez, tanxentes a circunferencia principal.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (2.6 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 475.5 KB

O segundo grupo de 4 circunferencias tanxentes entre si está rotado 45 graos con respecto ao primeiro.

PNG - 461.9 KB

PNG - 139.8 KB

A intersección de cada par de circunferencias, do primeiro e o segundo grupo, conten dúas figuras decorativas curvadas. Este deseño está construído a partir de dúas circunferencias que pasan polos puntos de intersección das circunferencias orixinais e que son tanxentes entre si.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 02 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (3.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 664 KB

As figuras decorativas da parte exterior do rosetón están contidas na intersección de cada unha das 8 circunferencias que compoñen o rosetón con outra circunferencia do mesmo raio que é tanxente ás dúas circunferencias contiguas.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 03 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (1.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 655.6 KB

O deseño decorativo da parte exterior do rosetón é o mesmo que o da parte interior, simplemente diminúe o tamaño das figuras xa que a superficie de intersección das circunferencias interiores e exteriores é mais pequena.

PNG - 622.3 KB

Na zona exterior, unha figura en forma de triángulo equilátero curvado decora os 8 ocos que quedan entre cada tres circunferencias, dúas interiores e unha exterior.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 04 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (2.2 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 618.3 KB

Na zona interior, unha figura en forma de triángulo isóscele curvado decora os 8 ocos que quedan entre cada tres circunferencias interiores.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 05 da Catedral de Oviedo de Horacio González Diéguez en formato Zip (13.1 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 597.7 KB

Finalmente, o centro do rosetón está ocupado por unha circunferencia.

2015 VHPLab. I 2014 I 2013 I
English I Galego