Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de Burgos

Viernes 10 de mayo de 2019, por Horacio González Diéguez.

Citar

González Diéguez, Horacio. Estudo xeométrico do rosetón da Catedral de Burgos [online]. Santiago de Compostela, España, VHPlab, mayo de 2019 [versión de mayo de 2019] [Consultado el ]. Disponible en Internet: https://www.vhplab.net/spip.php?article391

Descarga este arquivo comprimido de GeoGebra para poder facer o teu debuxo do rosetón. Nel poderás atopar todas as ferramentas necesarias para debuxalo. Sigue os pasos do vídeo que atoparás ao final deste artigo.

Documento base para debuxar o rosetón da Catedral de Burgos
Arquivo de GeoGebra versión 4.0.34

PNG - 553.5 KB

O rosetón da Catedral de Burgos está composto por 12 sectores que dividen a circunferencia en partes iguais. Cada un destes sectores comeza con unha figura decorativa inscrita unha circunferencia tanxente á circunferencia principal do rosetón, que a súa vez é tanxente as circunferencias dos dous sectores contiguos.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (1.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 539.6 KB

A figura decorativa en forma de rosa que está contida na circunferencia de cada sector está deseñada a partir de catro circunferencias que, a súa vez, son tanxentes entre si e tanxentes á circunferencia exterior.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 02 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (2.8 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 525.1 KB

No oco que queda entre as circunferencias de cada dous sectores, pola parte exterior, hai unha pequena figura decorativa en forma de flor de tres pétalos. Un xeito simplificado de debuxar esta figura decorativa é mediante 6 circunferencias secantes que pasan por un mesmo punto, o centro da flor.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 01 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (2.7 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 553.7 KB

PNG - 561.3 KB

Na zona intermedia de cada sector, dúas circunferencias entrelazadas crean unha estrutura oxival que conten, como elementos decorativos, un pequeno rombo curvado e outra flor de tres pétalos. Ditas circunferencias entrelazadas son, en realidade, dous grupos de 6 circunferencias tanxentes á circunferencia principal do rosetón que a súa vez son tanxentes entre si.

PNG - 532.9 KB

A flor de tres pétalos que hai dentro de cada estrutura oxival pode debuxarse mediante 6 circunferencias secantes que pasan por un mesmo punto como no caso anterior, ou facendo os pétalos de forma oxival mediante 3 circunferencias tanxentes entre si. O rombo curvado pode facerse mediante 2 arcos concéntricos as circunferencias da flor e 2 arcos concéntricos as primeiras 12 circunferencias.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 04 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (3.9 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 513.8 KB

PNG - 517.7 KB

No centro do rosetón un hexágono cos lados prolongados forma unha estrela de 6 puntas. Cada punta da estrela é triángulo equilátero e conten unha nova figura decorativa en forma flor de tres pétalos no seu interior, que pode trazarse dun xeito moi similar a figura decorativa anterior.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 05 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (4.3 KB)

CC by-nc-sa

PNG - 513.8 KB

Ao redor da estrela fórmanse 6 ocos nos vértices cóncavos da mesma que conteñen unha figura decorativa igual que a dos triángulos pero mais pequena.

PNG - 508.1 KB

Finalmente, no interior da estrela, unha figura en forma de flor con seis pétalos oxivais ocupa o no centro do rosetón.

Pulsa para cargar a construcción en Geogebra

Descargar Macro módulo 06 da Catedral de Burgos de Horacio González Diéguez en formato Zip (3.4 KB)

CC by-nc-sa